12/12/2008
A profesora de Economía Aplicada ofreceu unha conferencia-coloquio aos cadros sindicais da CIG
A profesora de Economía Aplicada da USC, María
do Carmo García Negro, participou nunha xornada dedicada a analizar como se
está a desenvolver a crise económica internacional e cales son as alternativas
que se poden achegar dende Galiza. García Negro puxo especial énfase en
resaltar a imbricación que existe entre a economía financeira e a economía
produtiva, así como a necesidade de actuar dende o noso País.
10/12/2008
O venres 12 de decembro en Teo
Dentro do marco do traballo da Secretaría de Formación Sindical da CIG e de FESGA, realizarase en Teo, o vindeiro venres 12 de decembro pola mañá, unha conferencia-coloquio a cargo da compañeira María do Carmo García Negro, Profesora Titular da Área de Economía Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela.