12/3/2012
Na convocatoria de AFD 2011 desenvolta pola forGA participaron en total preto de 500 persoas en 32 Accións Formativas
forGA ten entre os seus
obxectivos pór en práctica proxectos que potencien, faciliten e consigan que os
traballadores e traballadoras poidan acadar un emprego digno a través da
formación, potenciando a participación de todas as persoas no desenvolvemento
social e económico do país. Os datos recollidos neste difícil ano son alentadores,
tanto por familias profesionais, como por delegacións da forGA, como por
provincias.
9/3/2012
A CIG-Ensino reclama, na Mesa Sectorial, o ingreso inmediato dos orzamentos dos gastos de funcionamento aos centros educativos
Na Mesa Sectorial de Educación celebrada este xoves, día
8 de marzo, tratouse a Orde de licenzas
por formación. Un ano máis a CIG-Ensino denunciou que, a proposta da
Consellaría, se liquiden
catro das modalidades de formación convocadas até o curso 2010-2011. Trátase das
modalidades de licenzas por estudos para a finalización da tese de doutoramento;
para a realización dunha primeira ou segunda licenciatura ou para a realización
dunha primeira diplomatura, enxeñaría técnica ou estudos equivalentes. Modalidades
que no ano 2010 se traduciron en 58 licenzas de duración anual.
20/1/2012
CIG-Ensino denuncia os recortes en formación do profesorado e a actitude ditatorial e galegófoba do director xeral
A CIG Ensino denuncia que o
servizo de asistencia xurídica do que a Consellaría fixo alarde estes días
pasados non só é unha privatización senón tamén unha “burla” ao profesorado ao “ultralimitar”
a súa eficacia, impedindo consultas que non lle interesen á Xunta de Galiza. Considera
que se vai destinar diñeiro público a un servizo que debería prestar a propia
consellaría que “nin nos vai atender entendo a nosa especificidade”. Alén diso,
a CIG-Ensino denuncia que na Mesa Sectorial celebrada este xoves constatouse
que Educación pretende utilizar dúas ordes relacionadas coa formación do
profesorado para reconducila segundo os principios ideolóxicos do PP.
16/11/2011
As empresas comprometéronse a promover un itinerario para o que resta de ano e a deseñar, antes do 31 de xaneiro, os protocolos anuais de formación
A folga que os estibadores portuarios do Porto de Ferrol tiñan convocada para novembro e decembro foi suspendida logo de que a parte social e a SAGEP (Sociedade Anónima de Gestión de Estibadores Portuarios) chegasen a un acordo a respecto dos itinerarios de formación para este colectivo de traballadores/as.
10/11/2011
Dota aos alumnos/as dos coñecementos suficientes para desenvolver esta tarefa con todos os garantes precisos
A Fundación para a Orientación
Profesional, a Investigación e o Desenvolvemento
Tecnolóxico, o Emprego e
Formación en Galiza, forGA, informa da finalización da acción formativa de “Atención
sociosanitaria a persoas dependentes no domicilio, polo que 13 persoas
obtiveron a certificación de profesionalidade.
10/11/2011
A formación impártese coincidindo co tempo das mareas
A FGAMT-CIG de Ferrol volveu amosar o seu malestar pola actuación do Instituto Social da Mariña á hora de determinar os horarios dos cursos para os traballadores/as de baixura e do marisqueo, xa que a formación se imparte no tempo durante o que estes/as profesionais teñen que faenar.
28/10/2011
Celebraranse no recinto feiral de Silleda a partires deste sábado, día 29 de outubro
A Fundación para a Orientación Profesional, a
Investigación e o Desenvolvemento Tecnolóxico, o Emprego e Formación en Galiza,
forGA, vén de clausurar, no seu centro de Verín, o curso preparatorio das
probas de Competencia Clave, que se celebrarán en Silleda desde este sábado 29
de outubro.