27/1/2012
A Xunta aprobou esta semana o Plan Integral de Apoio á Muller Embarazada e dende o Ministerio de Xustiza anunciouse a modificación da Lei do Aborto
Esta semana o Partido Popular deu un paso adiante na súa política retrógrada e ultraconservadora aprobando en Galiza no Consello da Xunta o Plan Integral de Apoio á Muller embarazada 2012-2014 e, ao tempo, anunciando ante a Comisión de Xustiza do Congreso dos Deputados e Deputadas, a reforma da Lei orgánica de saúde sexual e reprodutiva e da interrupción voluntaria do embarazo. Dende a Secretaría da Muller da CIG denúnciase que con estas medidas, o PP pon novos impedimentos ao dereito das mulleres a decidiren libremente sobre os seus corpos.
26/1/2012
O prezo pola atención educativa pasa dun máximo de 110 e 160 euros e deixarán de ser acumulábeis os descontos por circunstancias familiares particulares
O mércores 25 de xaneiro, publicáronse no DOG as novas taxas que a Xunta de Galiza vén de aprobar para as escolas infantís, que suporán un incremento moi por riba do 19% anunciado polo presidente Feijoo. De feito, nalgúns servizos, como o de comedor, a taxa actual chega a duplicarse.
20/1/2012
A Xunta acorda un incremento do 19% que se aplicará a partir do vindeiro curso
No consello da Xunta celebrado onte, xoves 19 de xaneiro, anunciouse unha suba das taxas das escolas infantís do 19% que se fará efectiva a partir do vindeiro curso. Porén, a suba real é moi superior dado que aínda que o prezo por asistencia pasa do tope máximo de 110 euros mensuais a incrementarse até os 160 euros, o servizo por utilizar o comedor pasa de 33 euros até os 70 euros.
21/12/2011
Contén documentos, lexislación, información sobre axudas e prestacións e un histórico das campañas desenvolvidas pola Secretaría
A Secretaría da Muller da CIG vén de pór en
marcha unha nova sección dentro da web da Confederación Intersindical Galega, a
través da que pretende achegar información dos obxectivos e principios polos
que se rexe a propia Secretaría, actividade, documentación e novas que poidan
ser de interese para o conxunto das mulleres, así como todo aquilo relacionado
coas políticas de igualdade.
24/5/2011
Este martes 24 de maio o Parlamento Galego debate a totalidade do proxecto de lei
A CIG reitera o seu absoluto rexeitamento ao proxecto de Lei de Apoio á Familia e á Convivencia de Galiza da Xunta do PP, que este martes, 24 de maio, a partir das 10:00 horas se debate no Parlamento Galego. A central nacionalista subliña o carácter retrógrado e a profunda carga ideolóxica que soporta o proxecto e entende que con esta normativa afóndase no grave recorte de dereitos que están sufrindo as mulleres, asúmese que son un colectivo que se debe protexer e dirixir, recupérase a retórica da familia heterosexual e a da maternidade como papel e función vital das mulleres. Cuestións que, en definitiva, supoñen asumir o control da vida sexual das mulleres.
18/5/2011
A diferenza das anteriores convocatorias, este ano as persoas solicitantes deberán terse acollido á redución de xornada entre o 1 de setembro de 2010 e o 30 de abril de 2011
A Secretaría de Muller da CIG vén de informar que acaban de saír publicadas no DOG as axudas aos traballadores homes e familias monoparentais que, entre o 1 de setembro de 2010 e o 30 de abril de 2011, se acolleran a unha redución da súa xornada laboral para dedicarse ao coidado dos seus fillos ou fillas menores de 3 anos.
17/3/2011
Dirixidas a mulleres con fillos/as ao seu cargo de idades comprendidas entre os 2 e os 12 anos
A Secretaría da Muller da CIG informa da apertura do prazo para apuntarse ás estadías de tempo libre para as mulleres soas con responsabilidades familiares non compartidas. O prazo para presentar as solicitudes remata o vindeiro 12 de abril.