25/5/2010
A central agarda o pronunciamento do fiscal especializado en Sinistralidade Laboral tras constatar a presenza deste material tóxico
A
Confederación Intersindical Galega cualifica de “neglixente” a
actuación da Inspección de Traballo despois de que as análises
encargadas pola central constatasen a presenza de amianto nas obras
da sede central de Caixanova en Vigo. A central nacionalista advirte
que este material supón un risco para os operarios/as que
desenvolven o seu labor no edificio e lembra que un inspector deste
organismo chegou a paralizar os traballos despois da visita do xefe
de Hixiene Industrial do Instituto Galego de Saúde Laboral (ISSGA).
28/4/2010
O Gabinete de Saúde Laboral da Confederación xa presentou denuncia na Fiscalía por delito contra a saúde dos traballadores/as
Os primeiro resultados das análises realizadas ás mostras recollidas nas obras da central de Caixanova en Vigo confirmaron a presenza de amianto no edificio. Dende a sección sindical da CIG exixiron que se investigue o impacto da exposición do po de amianto e como pode afectar na saúde dos 500 empregados/as que traballan na central.
26/4/2010
Esperarase a que se realicen análises que garatan que non hai amianto na estrutura do edificio
Dende o inicio da obra de reforma da central de Caixanova en Vigo, os delegados de prevención da CIG mantiveron numerosos contactos coa empresa, preocupados pola posible presenza de amianto na estrutura do edificio da central. Noutras construcións da mesma época na cidade de Vigo apareceu amianto cando afrontaron reformas ou demolicións.
21/12/2009
Presentáronse tres Guías relativas á prevención, boas prácticas e implantación de Servizos de prevención mancomunados
O Gabinete Técnico de Saúde Laboral da CIG presentou o pasado venres, día 18 de decembro en Ferrol, unha xornada técnica na que se fixo a presentación pública de dúas novas publicacións elaboradas polo Gabinete. Ademais, este luns presentouse en Vigo a publicación, “Identificación de Riscos Laborais e Guía de Boas Prácticas para o Sector da transformación de Pedra Natural”.
14/5/2009
Coa presenza do Xefe do Servizo de Neumoloxia Ocupacional do Instituto Nacional de Silicose de Oviedo
A Unión Local da CIG de Valdeorras desenvolverá o vindeiro mércores 20 de maio unhas xornadas sobre os perigos do amianto para a saúde. Trátase dun material que está presente na vida diaria mais que «únicamente representa un risco real para os que traballan con el», explicou Gumersindo Rego, xefe do servizo de neumoloxía ocupacional do Instituto Nacional da Silicose, na rolda de prensa de apresentación. A xornada informativa será o día 20 a partir das nove e media da mañá. Os temas a tratar serán as enfermidades producidas polo amianto, a conciencia e auto-organización de persoas expostas, e as alternativas sindicais.
8/5/2009
No salón de actos do concello
A CIG-Valdeorras, en colaboración co Gabinete Técnico de Saúde Laboral da CIG organiza unha xornada técnica o vindeiro mércores dia 20 de Maio en O Barco de Valdeorras, no salón de actos do concello desta vila, para analizar cales son os perigos aos que se enfrontan os traballadores e traballadoras que traballan co amianto. A continuación reproducimos o programa á íntegra.
28/4/2009
Comunicado do Gabinete de Seguridade e Saúde Laboral da CIG no Día das Víctimas das malas condición de traballo
Dende que, vai xa para 14 anos, o sindicalismo
internacional adoptou o 28 de abril como xornada de lembranza para as víctimas
do traballo, non moitas cousas teñen mellorado a este respecto, de feito, cada
15 segundos morre no mundo un traballador/a como consecuencia dun accidente de
traballo ou dunha enfermidade relacionada co traballo, preto de 5.500 o farán
cando remate o día. Datos escandalosos que, no caso da Galiza,
maniféstanse en 72 persoas mortas por causa de accidentes laborais e máis de
1.200 traballadores e traballadoras afectados por unha enfermidade profesional.