Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
Artigos de opinión
Acordo para o emprego e a negociación colectiva: Recorte salarial e laboral, sen contrapartidas
10/02/2012Antonio Antón
O Acordo para o emprego e a negociación colectiva (AENC), asinado recentemente pola patronal CEOE-Cepyme e as direccións de CCOO e UGT, para o per...
A «via diplomática» da UE
10/02/2012Inês Zuber
Hoje, no Irão, é o pretenso perigo de desenvolvimento de armas nucleares – nunca confirmado pela Agência Internacional de Energia Atómica – ...
O fracaso dos recortes
09/02/2012Vicenç Navarro
Por fin comeza a percibirse que algo non funciona cos recortes. Mesmo os neoliberais comezan a dicir que tales recortes teñen que ir acompañados d...
Como os bancos romperam o contrato social ao promoverem os seus interesses particulares
09/02/2012Michael Hudson
A banca alterou-se de tal forma desde os tempos em que financiava o crescimento industrial e o desenvolvimento económico que agora beneficia sobret...
Estado español: A contrarreforma laboral que prepara o goberno do Partido Popular
08/02/2012Vidal Aragonés
Aínda que a totalidade das medidas [da reforma laboral prevista] son un desenvolvemento do xa iniciado na última etapa do Goberno de Zapatero, sup...
Nova traizón á clase traballadora
07/02/2012Xabier Pérez Igrexas
saúde laboral
27/1/2012 A empresa optou polo despedimento improcedente en vez de recolocar ao operario, con problemas de saúde, nun posto no que a doenza non interfira na súa actividade
Delegados e delegadas da CIG de Ferrol concentráronse esta mañá ás portas do SMAC en apoio a un traballador con problemas de saúde que Frangosa Servizos despediu incumprindo a Lei de Prevención de Riscos. O acto de conciliación, ao que por parte da empresa só asistiu o avogado, rematou sen acordo.
24/1/2012 A federación de Químicas e Enerxía de Ferrol considera que se trata dunha actitude represiva e ameazadora para o conxunto dos traballadores
A empresa Frangosa Servizos, auxiliar de Forestal do Atlántico, que desenvolve a súa actividade no complexo de Punta Promontorio, en Mugardos, acaba de despedir a un traballador con problemas de saúde que o limitan para algunha das funcións que ten que desempeñar. A federación de Químicas e Enerxía de Ferrol denuncia que o traballador vén padecendo estes problemas desde hai anos, pero que estaba desempeñando a súa función nun posto no que podía traballar sen limitacións.
13/10/2011 Este sábado 15 de outubro no salón de actos do edificio multiusos do Concello do Barco
A Unión Local da CIG de Valdeorras organiza unha xornada sobre prevención de riscos laborais para coidadores/as de persoas da terceira idade. A acción formativa desenvolverase no salón de actos do edificio multiusos do Concello do Barco este sábado día 15 de outubro entre as 9.30 e as 14.00 horas.
3/10/2011 A central nacionalista solicita tamén a convocatoria do comité de saúde laboral despois do acontecido en Monterrei
A CIG esíxelle á Consellería de Medio Rural que investigue de xeito inmediato o fatídico accidente aéreo no que faleceu un piloto con base en Beariz (Ourense) mentres participaba nas labores de extinción dun incendio na zona de Monterrei. A central nacionalista reclama que sexa o propio conselleiro o que compareza no Parlamento para explicar o acontecido e solicita a convocatoria do comité de saúde laboral.
21/9/2011 A cita será o xoves 29 ás 19.00 horas no salón de actos do Concello do Barco
A Unión Local da CIG de Valdeorras organiza unha charla informativa sobre as enfermidades profesionais máis frecuentes no sector da lousa. A cita será o xoves 29 de setembro ás 19.00 horas no salón de actos do Concello do Barco.
20/9/2011 Delegados/as da automoción concentráronse no Ceaga en Vigo para esixirlle o cumprimento da normativa en materia de saúde laboral
Máis dun cento de delegados/as da CIG en empresas da automoción participaron hoxe nunha xornada técnica sobre saúde laboral que serviu para iniciar unha campaña contra o non recoñecemento de enfermidades profesionais por parte das mutuas médicas. Ao remate da sesión desprezáronse até a sede do Cluster de Empresas de Automoción de Galicia (Ceaga), na avenida Citröen de Vigo, para realizar unha concentración coa que esixiron o cumprimento da normativa en materia de saúde laboral nas compañías asociadas.
15/4/2011 O Comité recibiu o apoio das asociacións veciñais de Nostián, Meicende e Bens, e ten convocadas concentracións os días 18, 19 e 20 de abril
Os traballadores e as traballadoras de Albada continuaron na mañá deste venres co calendario de mobilizacións en demanda da negociación do novo convenio colectivo, no que se recollan melloras en materia de seguridade laboral e incrementos salariais. Ademais, o Comité vén de aprobar unha nova xeira de concentracións diante das instalacións da empresa para a vindeira semana e solicitará unha xuntanza co presidente do Consorcio das Mariñas, xa que os municipios da comarca tamén se verán afectados pola convocatoria de folga indefinida a partir do 24 de abril.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com