19/12/2011
Considera que é contraria a dereito e atenta contra o noso idioma
O secretario nacional da CIG-Ensino, Anxo Louzao, presentou
hoxe no Rexistro da Consellaría de Educación un escrito instando ao Conselleiro
de Educación a que se absteña de acatar a recomendación do Valedor do Pobo
contra o libro de texto que reproduce o artigo 5.1 do Estatuto: “A lingua
propia de Galicia é o galego”. O secretario Nacional manifestou que a
presentación deste escrito non só é para exixirlle ao conselleiro o cese dos
ataques ao noso idioma senón tamén para que manifeste publicamente que a
recomendación do Valedor do Pobo non vai ser asumida por ser ilegal e
prexuizosa para a nosa lingua.
15/12/2011
Convoca unha nova concentración para o sábado 17 de decembro, ás 17:00 horas, na Praza do Toural, en Compostela
A plataforma cidadá Queremos Galego, da que forma
parte a CIG celebrou esta mañá, diante da institución do Valedor do Pobo, unha
concentración para exixir o cesamento inmediato do Valedor do Pobo, Benigno
López, e do conselleiro de Educación, Jesús Vázquez, pola censura do libro de
texto escolar da materia de Coñecemento do Medio que sinala que o galego é a
lingua propia de Galiza, reproducindo literalmente o artigo 5.1 do Estatuto de
autonomía. O vindeiro sábado está convocada outra concentración, na Praza do Toural,
en Compostela, ás cinco da tarde.
12/12/2011
En protesta polo ditame supostamente favorábel á retirada dun libro de texto escolar por reproducir que “o galego é a lingua propia de Galiza"
A plataforma cidadá Queremos Galego, integrada por
máis de 700 entidades sociais de diferente tipoloxía, entre elas a CIG, convoca
para esta quinta feira (xoves) 15 de decembro ás 11.30 da mañá unha
concentración diante da sede do Valedor do Pobo, en Santiago de Compostela.
12/12/2011
Levará aos grupos parlamentarios a proposta polos seus prexuízos e odio declarado contra a lingua propia de Galiza, o galego
Segundo se recolle nos medios de comunicación, o Valedor do Pobo
dirixiuse á Consellaría de Educación para que non se utilice un libro de texto
de coñecemento do medio por recoller o mesmo que di o Estatuto de Autonomía de
Galiza: “A lingua propia de Galicia é o galego”. A CIG-ENSINO considera
absolutamente inadmisíbel este feito, un ataque máis á nosa lingua, unha lingua
que debe ser obxecto de protección e promoción tal e como regula a lexislación
vixente e como esixen os datos sobre o seu uso, algo que non fai o actual Valedor
do Pobo, Benigno López, empeñado en agredila.
12/12/2011
Exixe ao conselleiro de Educación que cese na súa cruzada contra o galego
As
declaracións que vén de facer públicas o Conselleiro de Educación, avalando a
recomendación do Valedor do pobo contra o libro de texto de Coñecemento do
Medio de 5º de Primaria, da Editorial Vicens-Vives, por recoller que a lingua
propia de Galiza é o galego, vén a evidenciar, en palabras do Secretario
Nacional da CIG-Ensino, Anxo Louzao, que “o
Conselleiro de Educación continúa instalado na obsesión permanente de
exterminar o idioma como lingua vehicular no ensino. É inaceptábel, ademais de
provocador, que o señor Conselleiro de Educación deteste e promova a
eliminación dun texto escolar no cal o único que se fai é reproducir o artigo
5.1. do Estatuto de Autonomía de Galicia”.
30/11/2010
Pide a dimisión do Valedor do Pobo, porque os eu proceder pon en cuestión a fiabilidade desta institución
A CIG-Ensino vai reclamar por escrito á Consellaría de Educación que actúe
contra as persoas que están acosando sistematicamente os equipos de
normalización lingüística e os seus coordinadores e coordinadoras. A CIG-Ensino
esíxelle á Consellaría de Educación que inste a Gloria Lago a retirar da web de
Galicia Bilingüe o informe en que se persegue aos equipos de normalización e
aos seus coordinadores, nomeadamente á CGENDL e tres dos seus representantes.
7/7/2009
A central presentou 213 peticións para que a administración convoque de inmediato o concurso de traslados
Dentro da campaña iniciada pola CIG contra o incumprimento dos acordos asinados entre a administración e as organizacións sindicais, a CIG-Autonómica vén de presentar 213 peticións perante o Valedor do Pobo, recollidas entre o persoal laboral da Xunta, para que inste á administración a cumprir os acordos acadados.