5/5/2010
O acto terá lugar o vindeiro xoves 6 de maio, ás 18:00 horas
O xoves 6 de maio a CIG de Valdeorras presentará a revista coa que quere conmemorar os 25 anos de presenza do sindicalismo nacionalista na comarca. Esta presentación, marcará o inicio dunha serie de actos programados o longo de todo o ano 2010, a través dos que se quere lembrar a historia da CIG en Valdeorras e dar a coñecer ao conxunto da sociedade da comarca o traballo desenvolvido durante este tempo.
20/1/2009
Unha EXPOSICIÓN E o CADERNO “A loita labrega contra os foros e o caciquismo” conmemorarán a data
FESGA, a fundación da CIG para o estudo e divulgación da cuestión social e sindical en Galiza, na súa liña de divulgación da historia do noso país, vén de conmemorar o centenario da primeira asemblea agraria galega, coa realización dunha completa exposición e a edición dun caderno titulados “A loita labrega contra os foros e o caciquismo”, en colaboración co Concello de Monforte de Lemos e coa Diputación Provincial de Lugo.
23/12/2008
No marco da conmemoración dos 20 anos do Consello Galego de Relacións Laborais
A CIG reclamou a creación do AGA II e afondar no ámbito na negociación colectiva durante o acto de conmemoración dos 20 anos do Consello Galego de Relacións Laborais. O Secretario Xeral da central destacou o papel que ten desenvolto o organismo como creador dun marco de relacións laborais propio para a Galiza, aínda que demandou maiores competencias en materia de lexislación laboral e a potenciación dun marco de negociación colectiva galego.