22/5/2012
A Xunta publicou un Plan de Ordenación de Recursos Humanos que deixa a porta aberta á creación dunha área única provincial
A Xunta de Galiza publicou o pasado venres o Plan de ordenación de Recursos Humanos, que recolle nun texto ambiguo o que o Goberno de Núñez Feijoo “non se atreveu a publicar como decreto de xestión integrada (área única)”. A secretaria da CIG-Saúde de Lugo, Carmen Aira, a responsábel da Federación na Mariña, Pilar Méndez, e o responsábel na Unión Local de Monforte, Vicente Vázquez, denunciaron nun comunicado que isto suporá a descapitalización dos hospitais comarcas, a perda de servizos e de profesionais sanitarios.
18/11/2011
A Unión Comarcal da CIG da Coruña denuncia o caso dunha muller, desempregada de longa duración, á que a Consellaría deixou sen médico de cabeceira e sen acceso á súa medicación
A CIG visibilizou publicamente esta mañá en rolda de prensa as consecuencias que as políticas de recorte e privatización da sanidade pública iniciadas polo Goberno da Xunta do PP están a ter. A Unión Comarcal da CIG da Coruña fíxose eco do caso dunha muller, desempregada de longa de duración, á que lle denegaron, sen previa comunicación, o acceso á consulta e á asistencia farmacéutica gratuíta logo de que o SERGAS lle desactivase a súa tarxeta sanitaria por ser unha persoa sen recursos económicos.
28/10/2010
Critican a redución orzamentaria que a Xunta está a aplicar no sistema sanitario público
As Plataformas pola Defensa da Sanidade Pública de Ferrol e A Coruña veñen de reiterar as denuncias contra os recortes orzamentarios que a Consellaría está a aplicar ao sistema sanitario público e que se teñen traducido, entre outras consecuencias, nunha preocupante falta de persoal e no incremento das listas de agarda.
22/1/2010
A central defende o mantemento do carácter público da sanidade fronte aos intereses da empresa privada
Diante do anuncio do plan de viabilidade económico financeira do novo hospital de
Vigo, a CIG-Saúde manifestou o seu máis rotundo desacordo co modelo
empregado para o financiamento da construción, que condicionará a xestión do
mesmo, xa que a xestión dos servizos non sanitarios pasará as mans dos intereses da empresa privada.
24/9/2009
A CIG-Saúde de A Mariña anima á creación dunha plataforma cidadá na defensa dunha sanidade de calidade para a comarca
O persoal do Hospital da Costa de Burela iniciou as mobilizacións en defensa da área sanitaria de A Mariña, logo do anuncio da Consellaría de integrar este centro nunha área de xestión con carácter provincial. Promovida pola CIG-Saúde, ducias de traballadores/as do hospital participaron nunha mobilización na mañá do 23 de setembro en contra dunha “sanidade de segunda” para a comarca.
18/9/2009
Retomaron as mobilizacións na defensa dunha sanidade digna para esta comarca
O persoal do Hospital Comarcal de Valdeorras retomou as mobilizacións diante do centro na defensa do mantemento da área sanitaria de O Barco. Así mesmo, a semana que vén a Xunta de Persoal percorrerá os centros de saúde da zona para ofrecer información aos usuarios/as das consecuencias da supresión desta área.
17/9/2009
A central exixe á Consellaría que paralice de inmediato esta medida que incumpre a lexislación para o persoal estatutario
A CIG-Saúde reclama á Consellaría de Sanidade que paralice inmediatamente a medida que obriga a traballadores/as dos hospitais públicos a desenvolver a súa actividade en centros privados. Esta decisión tense adoptado primeiramente en Vigo, onde enfermeiras estatutarias do Meixoeiro deberán realizar a súa xornada ordinaria no hospital Nosa Señora de Fátima dous días á semana. Ante esta situación a CIG-Saúde non descarta convocar mobilizacións.