Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
Artigos de opinión
Acordo para o emprego e a negociación colectiva: Recorte salarial e laboral, sen contrapartidas
10/02/2012Antonio Antón
O Acordo para o emprego e a negociación colectiva (AENC), asinado recentemente pola patronal CEOE-Cepyme e as direccións de CCOO e UGT, para o per...
A «via diplomática» da UE
10/02/2012Inês Zuber
Hoje, no Irão, é o pretenso perigo de desenvolvimento de armas nucleares – nunca confirmado pela Agência Internacional de Energia Atómica – ...
O fracaso dos recortes
09/02/2012Vicenç Navarro
Por fin comeza a percibirse que algo non funciona cos recortes. Mesmo os neoliberais comezan a dicir que tales recortes teñen que ir acompañados d...
Como os bancos romperam o contrato social ao promoverem os seus interesses particulares
09/02/2012Michael Hudson
A banca alterou-se de tal forma desde os tempos em que financiava o crescimento industrial e o desenvolvimento económico que agora beneficia sobret...
Estado español: A contrarreforma laboral que prepara o goberno do Partido Popular
08/02/2012Vidal Aragonés
Aínda que a totalidade das medidas [da reforma laboral prevista] son un desenvolvemento do xa iniciado na última etapa do Goberno de Zapatero, sup...
Nova traizón á clase traballadora
07/02/2012Xabier Pérez Igrexas
Consellaría do Medio Rural
30/3/2011 O persoal aínda non comezou a precampaña de lumes, a pesar de que debería estar incorporado dende o 1 de marzo
Uns 80 traballadores e traballadoras da empresa pública Seaga e a CIG-Servizos compareceron esta mañá en rolda de prensa ás portas do edificio administrativo de San Caetano (Compostela) para denunciar a situación na que se atopa o persoal, que leva máis de un mes agardando a incorporarse á precampaña, así como alertar das pretensións da Consellaría do Medio Rural de desmantelar o servizo de prevención e extinción de incendios de Galiza.
14/3/2011 A central demanda o mantemento dos empregos e do carácter público deste servizo
A CIG presentou alegacións á proposta de mellora organizativa do Servizo de Prevención e Defensa Contra Inocendios Forestais (SPDCIF) presentada pola Consellaría do Medio Rural o pasado 4 de marzo, e que suporá o despedimento de 121 traballadores/as persoal laboral interino e a amortización destes 121 postos de traballo nas categorías de peón e peón condutor.
1/12/2010 A Federación de Administración esixe á Xunta que adopte todas as medidas e protocolos precisos para garantir a seguridade dos/as traballadores/as
A CIG vén de presentar denuncia diante da Inspección de Traballo por mor da agresión sufrida por unha axente forestal mentres realizaba as tarefas de vixilancia nas Fragas do Eume, co obxecto de que autoridade laboral abra unha investigación e adopte as medidas que estime convenientes. A traballadora, que se atopaba soa desenvolvendo a súa labor, foi brutalmente agredida por unha ou varias persoas, que a golpearon na cabeza e continuaron magullándoa mentres permanecía inconsciente no chan.
26/11/2010 A Federación de Administración Pública esixe á Xunta que tome as medidas oportunas para garantir a protección do persoal ao seu servizo
A CIG-Administración Pública vén de denunciar un caso caso de violencia no traballo sucedido o pasado 10 de novembro, na que foi violentamente agredida unha Axente Forestal da Xunta mentres se atopaba realizando tarefas de vixilancia nas Fragas do Eume. Dende a CIG-Administración critican a falta de persoal e medios que facilitan agresións deste tipo, polo que demandaron á Xunta de que tome as medidas oportunas para garantir a protección do persoal ao seu servizo, así como a inmediata elaboración e posta en marcha de protocolos de actuación ante casos desta gravidade.
15/11/2010 A Consellaría do Medio Rural pechou o comedor ao atoparse a responsábel da cociña de baixa e tras ter eliminado o posto de auxiliar
A CIG vén de solicitar á Delegación do Medio Rural en A Coruña a cobertura urxente da praza de cociñeira do Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Guísamo, xa que actualmente a titular se atopa en situación de Incapacidade Temporal. Esta baixa ten ocasionado o peche do comedor, posto que recentemente foi suprimida a praza de auxiliar de cociña do mesmo centro.
23/6/2010 CIG-Administración Autonómica denuncia o desmantelamento destes equipos de profesionais
A CIG-Administración Autonómica vén de denunciar o progresivo desmantelamento que a Consellaría do Medio Rural está a practicar coas brigadas de investigación de incendios forestais (BIIF), ao non cubrir as prazas vacantes, non formar aos axentes forestais nin proporcionar material e medios para a realización das tarefas propias destes equipos.
30/3/2010 A CIG de Ourense denuncia que unha empresa con capital público vulnere a lexislación laboral e ignore as sentenzas xudiciais
A CIG de Ourense vén de denunciar que a empresa pública Seaga, que depende da Consellería de Medio Rural, procedeu nestes días a cumprir a sentencia do Xulgado do Social que a condenaba a readmitir a varios representantes sindicais da central, pero incumpre a mesma ao non facer efectivos os salarios de varios meses que lle corresponde aboar polo tempo en que o persoal estivo despedido á espera da celebración de xuízo.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com