30/5/2011
Partirá rumbo a Gaza en xuño, con axuda humanitaria e co propósito de romper o bloqueo a que a ten sometida Israel
En xuño zarpará rumbo a Gaza a II
Flotilla da Liberdade con axuda humanitaria para a población da Faixa e co propósito
de romper o bloqueo a que a ten sometida Israel. A CIG, que participa desta
iniciativa internacional de carácter pacífico, chama a asinar o manifesto para
sumar apoios e reclamar das autoridades que tomen as medidas necesarias para
protexer a vida e integridade das persoas que forman parte dela.
29/3/2011
Integrante da Plataforma Boicote, Desinvestimento, Sancións contra Israel
Boicote, Desinvestimento, Sancións son os tres eixos baixo os que
xira a actividade da plataforma internacional BDS, que dende hai oito
meses opera tamén na Galiza. Entrevistamos a Antón Gómez Reino, “Tone”,
integrante de BDS-Galiza, quen explica os principios e obxectivos deste
movemento.
15/1/2009
Ás 12:00 do mediodía na Alameda de Compostela
O vindeiro 18 de xaneiro, todos os galegos e
as galegas teñen unha cita en Compostela para manifestar de nova a súa
solidariedade co pobo palestino e amosar o total rexeitamento á masacre que o
goberno de Israel está levando a cabo en Gaza. A mobilización, convocada por
distintas organizacións entre as que se atopa a CIG, sairá da Alameda de
Compostela ás 12:00 do mediodía.
13/1/2009
A CIG FOI UNHA DAS ORGANIZACIÓNS CONVOCANTES
O
pasado
sábado 10 de xaneiro, máis de cinco mil persoas percorreron as rúas
de Vigo, nunha mobilización convocada por diversas organizacións,
entre elas a CIG, para pedir o cese do masacre en Gaza e para
expresar a solidariedade do pobo galego co palestino, o que para os
convocantes supuxo un "rotundo éxito" que demostra a elevada
sensibilidade do pobo galego con Palestina.
9/1/2009
A CIG convoca e participará destas mobilizacións
O venres 9 de xaneiro e o sábado 10 terán lugar distintas concentracións e manifestacións en apoio ao pobo palestino e contra o masacre de Gaza. A manifestación de Vigo sairá ás 18 da tarde da Via Norte e rematará na Porta do Sol, e a CIG é unha das organizacións convocantes desta mobilización, apoiada por distintos colectivos veciñais, sindicais, sociais e políticos. No interior deste nova encontraredes máis información sobre o resto de mobilizacións no resto do país en apoio ao pobo de Palestina.
4/1/2009
O acto foi convocado por dez organizacións sociais, sindicais e políticas
Preto de 500 persoas participaron na concentración que tivo lugar na
cidade de Vigo o pasado venres 2 de xaneiro ás 20h, diante do MARCO, en repulsa
dos bombardeos israelís na Faixa de Gaza, en Palestina.
30/12/2008
Concentración o venres 2 de xaneiro en Vigo
Fronte aos bombardeos cos que o exercito de Israel provocou, polo momento,
a morte de 360 palestinos e máis de 1600 feridos, así como a destrución de
infraestruturas civís, e coa ameaza presente dunha invasión militar terrestre do territorio palestino de
Gaza, diversas organizacións sociais, sindicais, políticas, estudantís, veciñais,
feministas e ecoloxistas CONVOCAMOS a toda a cidadanía de Vigo e bisbarra a
unha concentración fronte ao MARCO, o vindeiro venres 2 de xaneiro a partires
das 20h.