Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
Artigos de opinión
Acordo para o emprego e a negociación colectiva: Recorte salarial e laboral, sen contrapartidas
10/02/2012Antonio Antón
O Acordo para o emprego e a negociación colectiva (AENC), asinado recentemente pola patronal CEOE-Cepyme e as direccións de CCOO e UGT, para o per...
A «via diplomática» da UE
10/02/2012Inês Zuber
Hoje, no Irão, é o pretenso perigo de desenvolvimento de armas nucleares – nunca confirmado pela Agência Internacional de Energia Atómica – ...
O fracaso dos recortes
09/02/2012Vicenç Navarro
Por fin comeza a percibirse que algo non funciona cos recortes. Mesmo os neoliberais comezan a dicir que tales recortes teñen que ir acompañados d...
Como os bancos romperam o contrato social ao promoverem os seus interesses particulares
09/02/2012Michael Hudson
A banca alterou-se de tal forma desde os tempos em que financiava o crescimento industrial e o desenvolvimento económico que agora beneficia sobret...
Estado español: A contrarreforma laboral que prepara o goberno do Partido Popular
08/02/2012Vidal Aragonés
Aínda que a totalidade das medidas [da reforma laboral prevista] son un desenvolvemento do xa iniciado na última etapa do Goberno de Zapatero, sup...
Nova traizón á clase traballadora
07/02/2012Xabier Pérez Igrexas
CHUS
16/11/2011 Tras impugnar os mínimos emitíronse uns cautelares, que aínda que non son definitivos rebaixan sensibelmente a presenza obrigada de traballadores/as e permiten que sexa visíbel
O 100% dos traballadores/as fixos da concesionaria do servizo de limpeza dos hospitais dependentes do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS) secundaron a xornada de folga convocada en demanda de que se lles abonen os cartos adebedados, que non se lles modifique o convenio a través do prego de condicións da nova concesión e que se manteñan os cartos destinados a esta para evitar que haxa despedimentos. A nova contrata xa foi concedida, outra vez, a CLECE.
4/11/2011 Denuncia que non hai previsión de apertura, nin dotación de persoal e que se está a incumplir a Lei do Menor
A Comisión de Centro da Área de Atención Especializada de Santiago de Compostela vén de denunciar que a Xerencia e actual Dirección do CHUS están a incumprir a lei do menor ao non abrir a Unidade de Psiquiatría Infanto‐Xuvenil e non ter ningunha previsión de apertura da mesma nin da dotación de persoal.
2/11/2011 O comité de folga anuncia a presentación dun recurso ante a vulneración dun dereito fundamental
O pasado luns día 31 de outubro o SERGAS facía públicos no DOG os servizos mínimos decretados para a folga convocada na limpeza hospitalaria no CHUS para este mércores, día 2 de novembro. Unha folga que non se puido efectivizar porque o número de presenzas de traballadores/as que impoñían eses mínimos superaba mesmo o persoal dunha xornada normal. Anxo Noceda, secretario comarcal da CIG de Compostela denuncia que a administración conculcou, deste xeito, o dereito fundamental á folga e impediu a presentación dunha reclamación legal ao agardar, na práctica, ao véspera –o día 1 foi festivo-, para a súa publicación.
21/10/2011 Está previsto que se desenvolva, inicialmente, o vindeiro día 2 de novembro e a partir de aí todos os mércores
Os traballadores da concesionaria do servizo de limpeza dos hospitais dependentes do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS), xunto con representantes da CIG, UGT e CUT, anunciaron esta mañá, en rolda de prensa, a convocatoria de folga para o día 2 de novembro e a partir de aí todos os mércores. Exixen que se lles abonen os cartos adebedados, que non se lles modifique o convenio a través do prego de condicións da nova concesión e que se manteñan os cartos destinados a esta para evitar que haxa despedimentos. Recortes que advirten, repercutirán negativamente na calidade do servizo.
13/10/2011 Aseguran que, pola contra, se precarizan as condicións laborais dos taballadores/as da Área Sanitaria
CIG-Saúde vén de denunciar os desproporcionados salarios dos directivos do CHUS, dados a coñecer o pasado venres pola xerente do SERGAS, Rocío Montero. Salarios que se corresponden cos seus anteriores cargos, sen que se dera a coñecer os que terán agora que asumen novas responsabilidades. Fronte a estas cantidades, CIG-Saúde pon de manifesto que, entre mentres, as/os traballadoras/es da empresa da limpeza do hospital mobilízanse para denunciar os recortes que se aplicarán á contrata. Recortes que, advirten, van afectar á calidade da limpeza hospitalaria.
4/10/2011 Concentráronse esta mañá, ás 9:00 h, no Clínico; ás 10:00 h, no Provincial e ás 11:00 h no Psiquiátrico
Os comités de empresa da Limpeza do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS) convocaron para esta mañá concentracións diante dos centros hospitalarios para manifestar o seu rexeitamento aos pregos de condicións desta contrata. Denuncian que suporá un retroceso nas súas condicións laborais e unha diminución de case 700.000 euros no orzamento respecto do anterior concurso. Un recorte que, consideran, terá negativas repercusións sobre a calidade da limpeza hospitalaria.
28/7/2011 A central nacionalista denuncia que se están a pechar camas e non se substitúe ao persoal
A federación de Saúde da CIG de Santiago de Compostela alerta da saturación que se vive estes días no servizo de urxencias como consecuencia do peche de camas e da falta de persoal. A central nacionalista non descarta a posibilidade de adoptar outro tipo de medidas para denunciar o deterioro asistencial que está a sufrir a poboación desta área sanitaria e a precariedade laboral dos traballadores/as.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com