Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
Artigos de opinión
Galiza diante da encrucillada soberanista. [A 81 anos do IX Congreso das Nacionalidades Europeas]
17/09/2014Uxío Breogán Diéguez
Sen dúbida algunha, a cuestión nacional volve estar de actualidade (se é que nalgunha ocasión deixou de estalo). O proceso soberanista escoc...
Escócia: A economia e a independência
17/09/2014James Foley e Pete Ramand
A Escócia tem os recursos físicos para liderar a nova revolução energética, com um quarto do vento da Europa e do potencial das marés, e um d...
O voto no SIM na Escócia soltaria a mais perigosa das coisas: a esperança
15/09/2014George Monbiot
Se a Escócia se tornar independente, sê-lo-á apesar dos esforços de quase todo o establishment do Reino Unido. Sê-lo-á porque os meios de com...
Ucrânia: O empréstimo do FMI, sob a nova guerra fria
15/09/2014Michael Hudson
O apoio dos EUA e do FMI parece destinar-se a ajudar a reduzir a dependência europeia do gás russo de modo a espremer sua balança de pagamentos....
Alucinações bélicas
15/09/2014Jorge Cadima
O Estado-Maior da guerra imperialista, a NATO, realizou uma Cimeira há poucos dias. O extenso comunicado final da Cimeira é alucinante. O ataque ...
FGAMT FGAMT
12/9/2014 Ao remate da concentración celebrada onte en Vigo deuse lectura a un comunicado de Xuíces para a Democracia no que se rexeitan as condenas a sindicalistas
Centos de persoas regresaron onte ás rúas de Vigo para trasladarlle a súa solidariedade aos dous traballadores/as condenados a tres anos de prisión por participar nun piquete informativo e para reclamarlle ao Goberno español a concesión do indulto. Ao remate da concentración, celebrada a última hora da tarde diante do Marco, deuse lectura a un comunicado de Xuíces para a Democracia no que se rexeitan as condenas a sindicalistas.
11/9/2014 Podería acudir ao Xulgado ao considerar que a empresa ourensá incorre en fraude de lei
O secretario da Unión Comarcal da CIG de Ourense, Etelvino Blanco, compareceu recentemente en rolda de prensa para denunciar que a empresa téxtil Adolfo Domínguez, con sede no polígono de San Cibrao das Viñas, está a aplicar un ERE encuberto ao despedir 100 traballadores/as fixos en dous anos. Dende a central nacionalista anuncian que convocarán o cadro de persoal a unha asemblea para analizar a posibilidade de acudir ao Xulgado ao considerar que a empresa ourensá incorre en fraude de lei.
8/9/2014 A CIG, CCOO e UGT convocan concentración semanais, a primeira este xoves no Marco de Vigo ás 20.00h
Os sindicatos CIG, CCOO e UGT decidiron retomar as mobilizacións -suspendidas durante o verán- para reclamarlle ao Goberno español a concesión do indulto a Carlos Rivas e Serafín Rodríguez, os dous traballadores condenados a prisión por participar nun piquete informativo durante unha folga. As protestas, que terán continuidade semanal, comezan este xoves día 11 diante do Marco de Vigo ás 20.00 horas. “O Executivo presidido por Mariano Rajoy xa llelo denegou nun primeiro intento, polo que é fundamental seguirmos a reclamar na rúa que se lles conceda o indulto para evitarmos que dous traballadores acaben en prisión por defenderen os dereitos da nosa clase”, sosteñen dende as centrais.
29/8/2014 A central denuncia a “inacción” dos Gobernos español e galego e acúsaos de transixir con protocolos “nefastos para Galiza”
A CIG-Mar reclamou hoxe a actualización dos acordos pesqueiros asinados entre a Unión Europea e distintos países africanos para permitir a recolocación da flota cefalopodeira galega que foi expulsada do caladoiro de Mauritania hai agora dous anos. Dende a central nacionalista denuncian a “inacción” dos Gobernos español e galego e acúsanos de permitir a firma de protocolos “nefastos para Galiza”.
20/8/2014 A empresa de conxelados, situada en Ribadavia, ten pendente de pagar catro mensualidades
Os traballadores e as traballadoras da empresa Monte Kalamua (situada no Parque Empresarial San Cristovo, Ribadavia), comezaban este martes unha folga indefinida para reclamar o cobro dos seus salarios, xa que nestes momentos a compañía lles adebeda catro mensualidades. A folga está a ser secundada pola práctica totalidade do persoal, que permanece concentrado na entrada da fábrica.
19/8/2014 Dous vehículos da compañía foron inmobilizados pola Policía Local de Pontevedra ao carecer de permiso, non ter pasada a ITV e levar medicamentos caducados
A FGAMT-CIG de Pontevedra denunciou hoxe que a empresa Ambulancias BDM, con base en Arcade (Soutomaior) e á que a Policía Local inmobilizou dous vehículos o pasado día 6 ao presentar numerosas irregularidades, presta servizos sanitarios sen autorización para arredor dunha ducia de Concellos gobernados polo PP. Dende a central nacionalista reclaman a intervención da Fiscalía e da Inspección de Traballo ao entender que a compañía incorre en delitos contra a seguridade pública e de falsificación de documentos.
12/8/2014 Atribúe este aumento á situación de emerxencia social que padece a comarca e reclama medidas urxentes da Consellaría do Mar
A FGAMT-CIG de Ferrol critica enerxicamente a deixamento e pasividade coa que a Consellaría de Medio Rural e do Mar está a actuar diante do requirimento por parte da Confraría de Mugardos para que se efectúe unha vixilancia real e efectiva nas praias que esta explota.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com