8/3/2011
A CIG desenvolve mobilizacións en Pontevedra, Lugo, Compostela, A Coruña e Ferrol con motivo da celebración do Día da Muller Traballadora
Se nestes momentos se aplicara a totalidade da reforma das pensións recollida no pacto social, só o 23% das mulleres traballadoras que se xubilan en Galiza aos 65 anos terían dereito a percibir o 100% da prestación, fronte ao 71% dos homes que a esa idade conseguiron cotizar 38.5 anos. Así o revela o informe sobre a situación sociolaboral da muller na Galiza que a CIG vén de presentar con motivo da celebración do 8 de Marzo, Día da Muller Traballadora. Ademais, as Unións Comarcais de Pontevedra, Lugo, Compostela, A Coruña e Ferrol realizaron concentracións para denunciar os recortes aplicados polos gobernos, que prexudican de xeito especial ás mulleres traballadoras.
4/3/2011
A Secretaría da Muller denuncia os profundos recortes levados a cabo no último ano polos gobernos nas políticas de igualdade
A Secretaría da Muller da CIG celebrou este venres o acto de entrega do V Premio 8 de Marzo, que foi outorgado á traballadora de Autobuses de Calo (Hedegasa), Nélida Pisco, pola dura batalla que nos últimos dous anos vén desenvolvendo polo seu dereito a conciliar a vida laboral e familiar. “A loita de Nélida é un verdadeiro exemplo de coraxe e superación. É a
loita dunha nai, dunha traballadora comprometida, que en ningún momento,
a pesares das dificultades, foi quen de renunciar ao seu dereito de
compatibilizar a súa maternidade co seu posto de traballo”, subliñaba a Secretaria de Organización da CIG durante o acto.
4/3/2011
A Secretaría da Muller da CIG advirte que as altas taxas de temporalidade e os baixos salarios dificultarán o dereito a cobrar o 100% das prestacións, mesmo traballando até os 67 anos
Se nestes momentos se aplicara a totalidade da reforma das pensións recollida no pacto social, só o 23% das mulleres traballadoras que se xubilan en Galiza aos 65 anos terían dereito a percibir o 100% da prestación, fronte ao 71% dos homes que a esa idade conseguiron cotizar 38.5 anos. Así o revela o informe sobre a situación sociolaboral da muller na Galiza que a CIG vén de presentar con motivo da celebración do 8 de Marzo, Día da Muller Traballadora. Este ano, a Secretaría da Muller ten posto en marcha unha campaña para denunciar as consecuencias dos recortes de dereitos e prestacións que dende os gobernos se están a aplicar, e que afectan especialmente ao colectivo de mulleres traballadoras.
9/3/2010
Concentráronse en apoio ás traballadoras da Cruz Vermella, diante da Confederación de Empresarios e pola readmisión de Nélida Pisco
Ao longo do noso país tiveron lugar distintas concentracións e mobilizacións convocadas pola Secretaria da Muller da CIG no 8 de marzo, Dia Internacional da Muller Traballadora, e nas que se portaron faixas co lema "Loitando polos nosos dereitos", e que nas distintas comarcas tiveron obxectivos distintos da convocatoria, segundo a realidade de cada zonae os principais problemas ou conflitos detectados con perspectiva de xénero .
8/3/2010
A Secretaría da Muller da CIG alerta do freo nos avances na conciliación, pola drástica redución de fondos públicos
No ano 1997 as mulleres representaban o 38% das persoas ocupadas en Galiza. Hoxe son o 45%. Maioritariamente, o 81%, desenvolven o seu labor nalgunha das actividades do sector servizos, que polo momento é o menos afectado pola crise. De como evolucione dependerá que esta afecte máis ou menos ao emprego feminino. Porén, este emprego caracterízase por maior rotación, maior temporalidade, maior proporción de xornadas a tempo parcial e menor presenza en ocupacións mellor remuneradas, o cal ten un claro reflexo nos ingresos.
5/3/2010
Será en Vigo, fronte ao Hospital ás 12.30
A Secretaria da Muller da CIG de Vigo decidiu convocar unha concentración na data do 8 de marzo, dia Internacional da Muller Traballadora, diante do Hospital da Cruz Vermella, na rúa Cánovas del Castillo, ás 12.30 para amosar a solidariedade co persoal deste centro sanitario, que son na súa imensa maioría mulleres traballadoras.
4/3/2010
“...e libre o meu pensamento. ferramentas para a docencia”
A CIG-Ensino presentou en rolda de prensa “...e libre o meu pensamento. ferramentas para a docencia”. Unha publicación que pretende servir como apoio para traballar nas aulas sobre a discriminación da muller e favorecer unha educación en igualdade. As autoras, Carme Fouces, Celia Mª Armas García, María Pilar García Negro, Marta Dacosta e Xulia Rodríguez Bravo son todas profesoras de distintos niveis de ensino agás Laura Estévez, quen, como presidenta do Comité de Empresa do Consorcio, aporta unha visión sobre a necesidade dos servizos sociais para favorecer a conciliación.