marco
Artigos de opinión
Entrevista a Samir Amin: «A iniciativa aínda está en mans do capital»
11/03/2010Giuliano Battiston
Este sistema é inaceptábel e ineficaz, como demostra o recente nacemento dun planeta de barrios marxinais, os campesiños expulsados das terras ...
Os EUA estão doentes
11/03/2010Boaventura de Sousa Santos
Os EUA são o único país do mundo desenvolvido em que a saúde foi transformada em mercadoria e o seu provimento entregue ao mercado privado das...
10 de marzo, Día da Clase Obreira Galega
10/03/2010Suso Seixo
A CIG celebra neste 10 de marzo, Día da Clase Obreira Galega, manifestacións en toda Galiza en defensa do emprego, dos salarios e das pensións....
Pensións no Estado español: como que non hai cartos?
09/03/2010Sabino Cuadra Lasarte
O cobro das pensións futuras depende non só de canta xente cotice ata daquela, senón tamén da riqueza (material, social...) que se produza men...
O dez de marzo na lembranza
09/03/2010Manuel Mera
O dez de marzo de 1972 foi un día triste pra Ferrol e toda Galiza, xa que morrían nas rúas da cidade dous operarios de Bazán e uns trinta resu...
O Chile nas mãos de Piñera
09/03/2010Antonio Lassance
Caos como constante diária
08/03/2010Immanuel Wallerstein
Porriño
8/2/2010 Denuncian que a empresa pretende desfacerse de persoal e que de 200 traballadores/as que había en 2005, só quedan 150
Granito Porriño
O Comité de Empresa de LEVANTINA, de O Porriño, denuncia a redución de persoal que se vén producindo na empresa nos últimos tempos: no ano 2005, cando aínda se chamaba Graniter, contaba con 200 traballadores/as e na actualidade con só 150; nos últimos 18 meses desfixéronse de 25 traballadoras/es baixo diferentes fórmulas, despedimentos, baixas incentivadas... e agora pretenden trasladar a sete traballadores/as máis, dos que 3 están no Comité de Empresa, dous gozan de redución de xornada por fillos menores, unha foi na candidatura da CIG e outra é eventual. Por iso anuncian o comezo de mobilizacións, con concentracións ás 14:00 horas coincidindo coa saída de persoal de produción e de administración.
3/11/2009 Contra os 25 despedimentos que pretende a empresa a través dun ERE, continúan en folga e con mobilizacións
20091103xoaneV
O persoal da fábrica de construción de mobles de cociña, Xoane, con sede en Atios, comezou na mañá do martes 3 de novembro unha marcha ás dez da mañá cara ao concello do Porriño para se reunir co alcalde deste concello, Raúl Francés, e trasladar deste xeito as súas demandas, diante dun ERE da empresa que pretende 25 despedimentos, despois de 7 despedimentos máis que xa se fixeron neste ano 2009, cando a empresa conta cunhas contas saneadas e unha boa situación económica. "O que queren é aproveitarse da crise para realizar despedimentos baratos", subliña Tano Guerra, responsábel da Unión Local da CIG do Porriño. O 4 e o 5 de novembro continuarán coa convocatoria de folga e con máis mobilizacións.
28/10/2009 Comezou este mércores 28 de outubro, continuará mañá e seguirá a desenvolverse de luns a xoves nas vindeiras semanas
Mani Vigo 10 de marzo  2009 VII
A empresa “Xoane” de Porriño, vén de anunciar a rescisión de 25 contratos, tras un ERE dun ano, alegando falta de pedidos. A Federación de Construcióne  Madeira da CIG e os propios traballadores consideran inxustificábel esta decisión e xa iniciaron unha folga que se desenvolverá de luns a xoves nas vindeiras semanas.
8/4/2009 Realizáronse horas extras e traballáronse fins de semana, despois dun expediente que afectou ao 90% do persoal
Grupo Antolin
O Comité de Empresa do Grupo Antolín-PGA do Porriño denuncian que despois dun ERE do 20 de febreiro ao 5 de marzo que afectou ao 90% do persoal, a empresa contratou a 25 persoas por ETT, realizáronse horas extras na fin de semana e contratáronse transportes especiais porque non había stock para servir ao cliente. Mentres, os traballadores tiveron problemas co cobro da prima de produción e calidade. Se a empresa non resolve esta situación, desde o Comité de Empresa convocarán folgas parciais a partir do 20 de abril e irán intensificando as medidas de presión até convocar folga indefinida.
16/1/2009 Mobilización convocada pola sección sindical da CIG nesta factoría
Concentración Astrazeneca 15/01/2009
Pouco despois das seis da tarde daba comezo na Praza do Concello do Porriño unha concentración convocada polos traballadores e traballadores de Astrazeneca da CIG, para denunciar a deslocalización desta factoría farmacéutica, que pechará o 31 de xaneiro de non encontrar comprador. Alberto Gonzálvez, membro do Comité de Empresa, adiantaba xa que está "só é a primeira das mobilizacións e que queda un longo camiño de loita polo emprego e polo mantemento dos postos de traballo na nosa fábrica".
9/1/2009 Demandan unha solución ao seu conflito e que rematen os enganos
Corte Valeo Porriño 09 01 09 V
O persoal de Valeo volvía mobilizarse o venres 9 de xaneiro, desta volta cunha nova acción de denuncia, cortando o tránsito durante unha hora nas rotondas de acceso da autovía ao Polígono das Gándaras, desde a unha e media até as dúas e media da tarde, provocando importantes retencións nesta zona industrial da comarca de Vigo. Asi, volvian denunciar que desde finais do mes de decembro estas 90 persoas da antiga Valeo non teñen carga de traballo efectiva nin proxecto industrial co que continuar nos seus actuais empregos en Cablerias Auto.