20/12/2010
O xerente da factoría de vidro acusaba aos compañeiros da central sindical de inxurias, estragos e encubrimento, por mor duns sucesos acontecidos durante unha das xornadas de folga
O Xulgado de Xinzo da Limia vén de sobreser a causa penal aberta contra dous sindicalistas da CIG, Anxo García Torres e Luis Ferreiro Fernández, acusados polo último Director Xerente da Vidreira do Atlántico de inxurias, estragos e encubrimento, tras dos sucesos acontecidos o 5 de Abril de 2009, nunha das xornadas de folga na factoría de Verín, nos que aparecera no interior da planta de vidro un plástico dun palet de botellas levemente queimado.
22/7/2010
A CIG solicita a revogación da sentenza do xulgado do Social nº 3 de Ourense, segundo a que non habería responsabilidade solidaria entre ambas as sociedades
O Grupo Ba Vidrio S.A. paga a Caixa Madrid unha débeda aquirida pola Vidreira do Atlántico S.A. por valor de 1.200.000 euros
A CIG de Verín vén de denunciar que cando os máis 70 traballadores que tiña Vidreira do Atlántico S.A. xa están no paro e mentres os demais acredores da empresa seguen agardando para cobrar, o Grupo Ba Vidro S.A, acaba de saldar unha das débedas máis voluminosas e importantes, 1.200.000 €, que mantiña a sociedade Vidreira do Atlántico S.A., no marco do concurso de acredores/as no que se atopa incursa.
29/4/2010
Logo dun ano e medio de loita, as resolucións e sentenzas permitiron ao grupo empresarial pechar a factoría da Limia
Os traballadores e traballadoras da Vidreira do Atlántico desenvolveron na mañá deste xoves unha concentración fronte ao edificio dos xulgados de Ourense en demanda de “xustiza para as súas reivindicacións e en protesta polo tratamento recibido polas administracións xudiciais e Autonómica”. Tanto a CIG como os traballadores/as consideran que, logo de ano e medio de loita, tanto a administración galega como a xustiza teñen abandonado os dereitos dos traballadores/as e ditado sentenzas contraditorias e inxustas que só favoreceron aos intereses da Vidreira e o Grupo BA de pechar a factoría de Xinzo, deixando un regueiro de débedas na provincia.
22/4/2010
O vindeiro 29 de abril está convocada unha concentración para esixir xustiza
O proceso de peche definitivo da Vidreira do Atlántico vén de camiñar un paso máis logo da autorización por parte do xulgado do mercantil de Ourense de proceder á extinción das relacións laborais dos máis de 120 traballadores e traballadoras da factoría da Limia. Dende a CIG sublíñase que tanto a central como o Comité teñen impugnado todas as resolucións xudiciais adoptadas neste proceso, que ten deixado na máis absoluta indefensión á parte máis vulnerábel: o conxunto dos traballadores e traballadoras. Así, o vindeiro 29 de abril está prevista unha concentración diante do Pazo de Xustiza de Ourense para esixir verdadeira xustiza.
5/4/2010
Traballadores/as e CIG solicitan ao xulgado que declare nulo o ERE concursal por non estar xustificado
Os traballadores e traballadoras da Vidreira do Atlántico teñen convocada unha concentración o vindeiro 7 de abril para reclamar o cobro dos salarios de febreiro e marzo. A protesta desenvolverase diante dos despachos dos administradores concursais, na súa calidade de actuais responsábeis da xestión da empresa e polo tanto “responsábeis do pagamento dos salarios”. Así mesmo, o Comité vén de presentar escrito de conclusións, no marco do ERE concursal promovido pola Vidreira, no que desmontan os argumentos de inviabilidade defendidos polo grupo empresarial.
11/3/2010
Durante a celebración do xuízo por demanda de rescisión de contratos
Os traballadores e as traballadoras da Vidreira do Atlántico acudían o mércores 10 de Marzo ao Xulgado do Social número 3 de Ourense, onde ía ter lugar a vista pola demanda de extinción dos contratos de máis de 75 empregados/as da factoría limiá. Na vista quedou demostrado que o proceso de concurso de acredores foi inducido polo Grupo ao que pertence a fábrica e que se produciu unha violación sistemática, no último ano, dos dereitos fundamentais dos traballadores/as, polo que dende a CIG e o persoal se solicita unha indemnización de 45 días por ano traballado, máis outra indemnización complementar por vulneración de dereitos. Dende a CIG de Verín destacan tamén que, durante o xuízo, os administradores concursais ratificaron nas súas declaracións os argumentos esgrimidos pola parte social, cualificando de fraudulenta a actuación da empresa.
4/3/2010
O alto tribunal galego elimina o pronunciamento do Xulgado do Social sobre esta cuestión
O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza vén de invalidar o pronunciamento que o Xulgado do Social número 1 de Ourense realizara sobre o plus de actividade no marco do conflito colectivo presentado sobre a legalidade ou non da xornada imposta pola empresa en xaneiro do 2009. A sentenza do TSXG vén dar a razón aos argumentos manexados pola CIG e os traballadores/as, quen no seu día denunciaron a incrongruencia das consideracións xudiciais sobre uns feitos que se estaban a dirimir no ámbito laboral.