9/10/2009
A mudanza responde a un cambio global na organización da Fundación da CIG
A imaxe que estamos afeitos a ver da Fundación para a Orientación, a Investigación e o Desenvolvemento Tecnolóxico, o Emprego e a Formación en Galiza (FORGA) vén de sufrir unha remodelación visual, dentro da renovación global que se está levando a cabo na organización da entidade. Ao logotipo e ao seu símbolo habitual, agora súmanselle dous novos elementos: a estrela vermella de cinco puntas atravesada por unha banda azul, elementos propios da bandeira nacional galega, mais unha consigna a prol da formación no noso idioma.
5/3/2009
A iniciativa polo Día da Muller Traballadora levarase ás empresas da comarca
A Secretaría da Muller da Comarca de A Coruña presentou a campaña que a central vai desenvolver con motivo da conmemoración do Día Internacional da Muller Traballadora. A Secretaria de Muller, María do Carme López Santamariña, e a responsábel desta área na comarca de A Coruña, Dolores Castelo, foron as encargadas de dar a coñecer a iniciativa que, como cada ano, vén desenvolvendo a central en recoñecemento do traballo e a loita desenvoltas, así como para concienciar da necesidade de continuar avanzando neste eido.
21/11/2008
“Loitando polo respecto entre homes e mulleres”
A Secretaría Comarcal da Muller da CIG da Mariña presentou publicamente na bisbarra a campaña do sindicato con motivo do 25 de Novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Este ano o lema elixido é “Loitando polo respecto entre homes e mulleres”.
20/11/2008
O día 21 de novembro celébrase unha xornada informativa e formativa en Compostela
“Por unha
administración mellor, mellor en galego” é o lema da campaña de promoción do
uso do galego que a CIG vén de pór en marcha na Administración Pública. A
campaña, que constitúe a segunda fase dunha iniciativa que arrancou antes da
celebración do 17 de Maio, pretende concienciar á traballadores/as e
administracións da necesidade de afondar no cumprimento da normativa referida á
normalización lingüística.
19/11/2008
A iniciativa conmemora o Día Internacional contra a Violencia de Xénero
A secretaria de Muller da CIG, María Carme López
Santamariña, presentou a campaña “Loitando polo respecto entre homes e
mulleres”, que a central esta levando
a cabo con motivo da celebración do vindeiro
25 de Novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero. A través desta
iniciativa quérese amosar o compromiso da central na erradicación desta lacra
social.
11/9/2008
Contra a ofensiva neoliberal
Dípticos, cartaces e un documento de analise da directiva Europea sobre tempo de traballo son algúns dos materiais que vén de editar a CIG Saúde e que levarán aos centros de saúde do noso país nos próximos meses para informar e mobilizar contra a precarización das condicións de traballo na sanidade galega e a ofensiva neoliberal.