Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
Artigos de opinión
Dous proxectos para afrontar a crise sistémica
24/05/2013Antonio Antón
A conciencia social maioritaria das consecuencias negativas da crise e a percepción de que a xestión institucional non garante unha perspectiva me...
União Europeia: Falácias federalistas
24/05/2013Pedro Guerreiro
A alternativa à União Europeia das grandes potências e dos grandes grupos financeiros e económicos passa necessariamente pela ruptura com todos ...
Chipre: A troika provoca o primeiro ‘corralito’ europeo
23/05/2013Jérome Duval
Chipre únese ao club dos países baixo a administración da troika. A poboación chipriota súmase ao “apertar o cinto” para salvar os bancos p...
Desafiuzamentos e recortes: a violencia “democrática” do poder financeiro
23/05/2013Jorge Fonseca
Os desafiuzamentos forman parte inseparábel do espolio social a favor do capital financeiro. A burbulla inmobiliaria foi creada pola especulación ...
Crise económica: Por que non aumentar os salarios?
23/05/2013Michel Husson
Aumentar os salarios sería algo que melloraría o nivel de vida dos asalariados e relanzaría o consumo, por tanto a actividade económica e por ta...
As tres velocidades da crise e a súa bifurcación
22/05/2013Óscar Ugarteche e Ariel Noyola Rodríguez
Bangladesh: Mango e El Corte Inglés
20/05/2013Juan Hernandez Zubizarreta
Que futuro espera a eurozona?
20/05/2013Jacques Sapir
atrasos salariais
23/5/2013 O persoal, afectado por un ERE extintivo, reclama o cobro dos salarios e indemnizacións
Os traballadores de Tecnymo afectados por un ERE de extinción continuaron este xoves coas mobilizacións en demanda do cobro das indemnizacións e os salarios que lle adebeda a empresa situada en Narón. O persoal protagonizou durante case dúas horas un “escracho” diante da casa do principal accionista da auxiliar do naval en demanda dunha solución.
7/5/2013 A empresa presentou un ERE para sete traballadoras e durante o período de consultas solicitou concurso voluntario de acredores
As traballadoras e traballadores de Star Center, dedicada á venda de electrodomésticos e situada en Narón, protagonizaron este martes unha concentración diante das instalacións da empresa no Polígono da Gándara en rexeitamento ao despedimento de sete compañeiras e para esixir o cobro das tres nóminas que se lles adebedan.
3/4/2013 A nova empresa adxudicataria do servizo de seguridade de varios centros públicos négase a asumir o persoal, que ademais leva cinco meses sen cobrar
Extraballadores e traballadoras de Sequor que prestan servizos de seguridade en varios centros públicos de Lugo concentráronse este mércores ás portas dos edificios da Xunta para esixir que se respecte o seu dereito a seren subrogados na nova empresa adxudicataria e demandar a implicación da administración galega no conflito, xa que é a titular da contrata. Cómpre lembrar que o persoal de Sequor xa leva cinco meses sen cobrar os seus salarios.
13/3/2013 Rematou sen acordo xa que o empresario continúa negándose a pagar todos os salarios que adebeda ao persoal
Os traballadores de Electricidade Carlos de Ordes concentráronse este mércores diante das dependencias do SMAC na Coruña, coincidindo co acto de conciliación polo despedimento de oito dos traballadores, que rematou sen acordo xa que a empresa nin sequera tivo a ben negociar o pago dos atrasos salariais. Así as cousas, o proceso seguirá agora pola vía xudicial para que se recoñeza a improcedencia dos despedimentos.
8/3/2013 Os traballadores e traballadoras da asociación de drogodependencias teñen pendentes de cobro tres mensualidades
As traballadoras e os traballadores da Asociación de Drogodependencias de Ferrol (Asfedro) seguen a mobilizarse para demandar e exixir unha solución de viabilidade para a asociación e o pagamento dos seus salarios adebedados. A total falta de liquidez da entidade impídelle facer fronte tanto ás nóminas dos traballadores/as como aos gastos correntes, repercutindo así mesmo na calidade da atención prestada.
28/2/2013 O propietario da empresa despediu a todo o cadro de persoal por secundaren o paro indefinido e ademais négase a garantir que pagará as nóminas atrasadas
Os traballadores de Electricidade Carlos cumpren este xoves un mes en folga indefinida para esixir o cobro da totalidade dos salarios que a empresa lle adebeda, e que nalgúns casos ascenden a cinco nóminas e dúas pagas extraordinarias. En todo este tempo, o persoal estivo concentrándose ás portas das instalacións da empresa en Ordes e realizando accións variadas pola vila para visibilizar o conflito entre os veciños e veciñas.
5/2/2013 Mañá, mércores, o persoal continuará co reparto de follas explicativas entre os veciños/as de Ordes e ás 10 horas estará no mercado semanal
Os traballadores de Electricidade Carlos continúan adiante coa folga indefinida iniciada o pasado 28 de xaneiro en demanda do cobro das débedas salariais que a empresa mantén con eles, e que nalgúns casos ascende xa a máis de 11.000 euros. Para dar máis visibilidade ao conflito, o persoal volverá facer un reparto de follas informativas entre os veciños/as de Ordes mañá, mércores 6 de febreiro, e ás 10:00 horas estarán repartindo no mercado semanal.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com