Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
Artigos de opinión
Grécia, uma crise terminal
23/05/2012Luiz Gonzaga Belluzzo
Diante dos riscos de o país abandonar o euro, os capitais escapam da Grécia. Assustados com o possível retorno do dracma e no afã de proteger o ...
A política da linguagem e a linguagem da regressão política
23/05/2012James Petras
Um dos eufemismos mais comuns lançado em meio a esta crise económica é "austeridade", um termo utilizado para encobrir as duras realidades de cor...
Banco Central Europeo: un pirómano ao servizo da banca privada
15/05/2012Juan Torres López
Cando a historia xulgue dentro duns anos o que agora está pasando en Europa atopará no comportamento do Banco Central Europeo unha causa principal...
Europa: O vento mudou
15/05/2012José Manuel Pureza
A política europeia virou? Não. Mas só o sectarismo mais cego se recusará a reconhecer que as condições do combate político em escala europei...
"Catástrofe liberal": crise arrasta Europa para a incerteza
15/05/2012Eduardo Febbro
O tabu sobre a unidade em torno do euro foi reduzido a pedaços. A União Europeia considera cada vez mais a possibilidade de que a Grécia abandone...
O que está acontecendo na Síria
14/05/2012Maurizio Musolino
Portugal: Pacto de Agressão - Um ano depois
14/05/2012José Alberto Lourenço
O ouriço financeiro europeu
11/05/2012Flávio Aguiar
servizo postal
2/1/2012 A CIG Correos rexeita esta decisión, que en Galiza afecta a unhas 15 persoas que xa hai seis anos que superaron o proceso selectivo
Logo de aprobar unha oposición para ingresar en Correos, e tras seis anos nunha Lista de Expectativa de Ingreso, a empresa postal, xunto a CCOO, UGT, C-SIF e Sindicato Libre, acordou eliminar estas listas sen ofertar os postos de traballo necesarios para que este persoal poida incorporarse como persoal fixo. Dende a CIG-Correos rexeitan esta decisión e demandan da empresa que ofreza os postos necesarios para garantir un emprego ás persoas que teñen a oposición aprobada.
6/4/2011 Ante a sinatura do III Convenio Colectivo para Laborais e o Acordo Xeral para o persoal funcionario
O martes 5 de abril procedeuse á sinatura por parte de CCOO, UGT, CSIF e Sindicato Libre dos dous documentos que rexerán rexeran as relación laborais durante os próximos anos, cando menos até 2013: o III Convenio Colectivo para o persoal laboral e o Acordo Xeral para o persoal funcionario. A CIG en Correos non asinou estes acordos porque entende que non recollen melloras salariais nin sociais e todas aquelas cuestións que se pretenden vender como avances responden en realidade á criterios de aforro da empresa postal ou xa foron acadados pola vía xudicial.
16/3/2011 O persoal que realiza o reparto postal nestas zonas, que utiliza o seu vehículo particular, ten que afrontar co seu salario parte dos custos derivados do servizo
Carteiros e carteiras do rural procedentes de toda Galiza concentráronse na tarde do martes diante do edificio de Correos de Compostela en demanda da creación dunha Mesa de Carburantes que permita actualizar as cantidades que a empresa postal paga aos traballadores/as polo uso dos seus vehículos particulares para facer o reparto.
2/3/2011 Uns 1.200 traballadores/as de Correos fan o reparto postal a diario co seu vehículo particular e abonan do seu peto as subas do prezo dos carburantes
A CIG-Correos rexistrou esta mañá na Delegación do Goberno na Galiza unhas 1.100 sinaturas de carteiros e carteiras que fan o reparto postal nas zonas rurais, para demandar a creación dunha mesa técnica específica na que a empresa e os traballadores/as poidan solucionar os problemas derivados do incremento nos prezos dos carburantes e dos gastos polo uso do vehículo particular.
17/9/2010 A dirección de zona comunicou que a medida se fará efectiva a partir do 1 de outubro
A CIG-Correos vén de informar das intencións de Correos de pechar indefinidamente o servizo de atención ao público polas tardes nas oficinas de Sada e Betanzos, cando hai pouco a dirección anunciara por todo o alto aos veciños/as e traballadores/as a ampliación deste servizo e os seus múltiples beneficios para a bisbarra. A medida, segundo informaron dende a CIG-Correos, farase efectiva a partir do vindeiro 1 de outubro e podería ser o punto de partida para novos recortes nos servizos.
13/9/2010 O Concello de Abegondo atoparase co mesmo problema a partir do día 16 deste mes
A Confederación Intersindical Galega (CIG), sector de correos, vén de reiterar a denunciar a respecto de que a Xefatura Provincial de Correos e Telégrafos non procedeu á contratación, na unidade de distribución de O Burgo (Culleredo), de dous traballadores para substituír aos titulares durante as súas vacacións. Esta situación está a provocar que dende principios de mes neste concello e na localidade de O Temple, se teñan acumulado máis de 5.000 envíos sen repartir.
24/3/2010 A central denuncia a profunda crise que atravesa a entidade, xerada pola aposta dos sucesivos gobernos por un modelo empresarial
A CIG-Correos celebrou esta tarde unha manifestación que percorreu as rúas de Compostela baixo o lema “Nin destrución de emprego, nin recorte de dereitos, nin de salarios. Por un Correo Público Galego de Calidade”. A marcha rematou na Praza do Toural coa intervención de Miguel Ramudo, secretario de Organización de CIG-Correos, quen denunciou a crise que atravesa a entidade a causa do fracaso do modelo empresarial polo que apostaron os sucesivos gobernos, e do propio Alberto Núñez Feijoo, quen converteu Correos e Telégrafos nunha Sociedade Anónima, o que favoreceu a substitución do concepto de servizo público polo de sociedade mercantil.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com