9/10/2009
A mudanza responde a un cambio global na organización da Fundación da CIG
A imaxe que estamos afeitos a ver da Fundación para a Orientación, a Investigación e o Desenvolvemento Tecnolóxico, o Emprego e a Formación en Galiza (FORGA) vén de sufrir unha remodelación visual, dentro da renovación global que se está levando a cabo na organización da entidade. Ao logotipo e ao seu símbolo habitual, agora súmanselle dous novos elementos: a estrela vermella de cinco puntas atravesada por unha banda azul, elementos propios da bandeira nacional galega, mais unha consigna a prol da formación no noso idioma.
1/3/2008
Está dirixido a traballadores/as en activo da empresa privada
O local da CIG de O Barco de Valdeorras acolle un curso de formación continua de Informática a nivel usuario/a que será impartido por FORGA. Está dirixido a traballadores e traballadoras en activo e vai do 7 de abril até o 14 dese mesmo mes, cunha duración total de 55 horas.