27/1/2012
A empresa optou polo despedimento improcedente en vez de recolocar ao operario, con problemas de saúde, nun posto no que a doenza non interfira na súa actividade
Delegados e delegadas da CIG de Ferrol concentráronse esta mañá ás portas do SMAC en apoio a un traballador con problemas de saúde que Frangosa Servizos despediu incumprindo a Lei de Prevención de Riscos. O acto de conciliación, ao que por parte da empresa só asistiu o avogado, rematou sen acordo.
13/4/2011
A declaración, realizada este mércores nos xulgados, confirma as sospeitas da CIG a respecto da existencia dun acordo entre ambas entidades
Este mércores celebrouse vista do xuízo polo despedimento dun traballador de Ambulancias Emersan Galicia, ao que á empresa rescindira o contrato por consideralo non apto, tras de recibir un informe da Mutua. En contra desta opinión, a CIG apuntou dende o primeiro momento á existencia dun acordo entre a empresa e a Mutua sobre este asunto para proceder ao despedimento do traballador.
1/6/2010
A empresa continúa coa súa política de despedir a traballadores/as afiliados á central
Delegados e delegadas da CIG concentráronse esta mañá diante dos Xulgados de Ferrol para amosar o total rexeitamento á política de represión sindical practicada pola compañía Monbus-Rialsa, que vén de despedir a unha traballadora afiliada á central. A protesta desenvolveuse coincidindo co xuízo polo despedimento improcedente desta condutora, que levaba máis de cinco anos na empresa.
1/7/2009
A CIG-Autonómica de Ourense anuncia que vai presentar denuncia contra a Consellaría de Presidencia
A Xunta de Galiza vén de despedir a unha traballadora do servizo de limpeza da Consellaría de Presidencia en Ourense por ausentarse do seu traballo para levar a urxencias a súa filla enferma. Dende a CIG-Autonómica denunciaron uns feitos “inauditos” que vulneran os dereitos dos traballadores/as recollidos no Estatuto do empregado público, na Lei da Función Pública e no convenio colectivo de aplicación. Así mesmo, xa adiantaron que presentarán denuncia contra a Consellaría por despedimento improcedente.
24/4/2009
O traballador fora obxecto dun expediente disciplinar no que se lle acusaba de trato discriminatorio e acoso laboral
O Xulgado Social nº 3 de
Ourense vén de conedar ao Concello de Verín a readmitir ao delegado de persoal
da CIG, Juan Rodríguez Larrán, por despedilo de xeito improcedente. O responsábel
da Unión Local da CIG de Verín, Anxo García Torres, destacan a importancia da
sentenza xa que “as intencións reais do alcalde ao construír unha acusación
falsa de acoso laboral e despedilo, tiñan que ver con represaliar ao
traballador pola súa actividade sindical”.
22/1/2009
Levaban sen recibir salario desde outubro
Un novo caso máis de impago de salarios, despedimentos improcedentes e falta de liquidez dunha empresa, desta volta da Construción, e da comarca de Vigo. Estamos a falar de Construcións e Decoracións Aballe, na que dez dos seus traballadores denuncian o impago dos seus salarios desde o mes de outubro, e o despedimento improcedente destes empregados, recoñecido pola propia empresa, no mes de decembro, sen recibir ningún tipo de indemnización, coa excusa de "non ter fondos" para facer fronte ás cuantias que se lles deben a estes obreiros.