26/1/2009
As traballadoras concentráronse diante do Pazo de Ortigueira
O domingo 25 de xaneiro, as traballadoras de
Confecciones Lema, acompañadas por afiliados/as da CIG, continuaron as mobilizacións iniciadas hai unha semana para reclamar o pago dos
seus salarios, o despido formal e
as correspondentes indemnizacións polo peche da empresa.
23/1/2009
As afectadas reclaman tamén o despedimento formal para poder cobrar o paro
As traballadoras de
Confecciones Lema concentráronse esta mañá diante das instalacións da empresa
en Lestedo (Boqueixón), para reclamar os tres meses de salarios que lles
adebedan e as indemnizacións polo peche da planta. As 12 afectadas tamén se
trasladaron até o domicilio particular da propietaria de Confecciones Lema,
Pilar Lema, en Vedra, para exixir que cumpra coas súas obrigas empresariais.
22/1/2009
A partir das 10:30 horas, diante da sé da empresa en Lestedo
As traballadores de Confecciones Lema van continuar coas mobilizacións para reclamar o pago dos salarios atrasados e das indemnizacións polo peche da empresa. Desta volta, concentraranse diante da nave de Lestedo o 23 de xaneiro a partir das 10:30 horas. As 12 traballadoras afectadas levan sen cobrar tres meses e agora enfróntanse a un ERE mediante o que a dona da empresa pretende despedilas de xeito barato.