Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
Artigos de opinión
Um apontamento a respeito da nova Lei Galega da Função Pública, denominada: Lei do Emprego Público en Galiza
15/05/2013Alexandre Banhos Campo
A lei, é em desenvolvimento do EBEP, Lei 7/07. A quem se aplica: 1- À administração autonómica da Galiza e aos organismos autónomos...
Estado español: Unha visión distinta da orixe do paro
14/05/2013Joaquín Juan Albalate e Jesús Matamala Bacardit
Por riba de todo, se existen persoas en paro, é porque non se crea o suficiente número de postos de traballo para cubrir unha determinada demanda ...
Dereitos contra economía?
13/05/2013Albert Recio Andreu
A decisión do Tribunal Supremo portugués de declarar inconstitucional o recorte de salarios aos funcionarios volveu pór na palestra o debate entr...
Ventos de guerra...
13/05/2013Ângelo Alves
Os ataques contra a Síria são mais um elemento de uma campanha permanente de provocação de Israel contra os seus vizinhos. São. Mas são mais q...
Javier Diez Canseco in memoriam
13/05/2013Xurxo Martiz Crespo
Javier Diez Canseco (Lima, 1948-2013) morreu en Lima de cancro o pasado 4 de maio. Perú é  unha sociedade fraccionada por unha loita de clase...
Europa: O caminho mais perigoso
07/05/2013Flávio Aguiar
Pescanova: un caso illado?
07/05/2013Albert Recio Andreu
proceso selectivo
22/3/2013 As dúas concentracións, apoiadas pola CIG-Saúde, realizáronse no interior do hospital
Na mañá deste venres, os corredores do Hospital Clínico de Compostela convertíanse no escenario para dúas concentracións dos traballadores/as. Por un lado persoal de enfermería protestaba contra a selección “a dedo” para tres prazas deste servizo; doutra banda, os traballadores de mantemento concentrábanse en contra a privatización deste servizo.
9/4/2012 Demanda a repetición do terceiro exercicio do proceso selectivo, para disipar toda dúbida sobre o mesmo
O 13 de marzo pasado desenvolveuse o terceiro exercicio do proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración da Xunta de Galiza, subgrupo A2, escala de xestión e sistemas de información. O sector da autonómica de CIG-Administración denuncia que nas sesións informativas anteriores ao proceso tratouse unha temática semellante á do exame, dándolle avantaxe ás persoas que asistiron a estas fronte ao resto de aspirantes.
2/1/2012 A CIG Correos rexeita esta decisión, que en Galiza afecta a unhas 15 persoas que xa hai seis anos que superaron o proceso selectivo
Logo de aprobar unha oposición para ingresar en Correos, e tras seis anos nunha Lista de Expectativa de Ingreso, a empresa postal, xunto a CCOO, UGT, C-SIF e Sindicato Libre, acordou eliminar estas listas sen ofertar os postos de traballo necesarios para que este persoal poida incorporarse como persoal fixo. Dende a CIG-Correos rexeitan esta decisión e demandan da empresa que ofreza os postos necesarios para garantir un emprego ás persoas que teñen a oposición aprobada.
29/4/2011 A central sindical demanda á Dirección Xeral da Función Pública a paralización e anulación do proceso
A CIG-Administración vén de de denunciar irregularidades na convocatoria dunha praza da Sociedade de Imaxe e Promoción Turística de Galicia (Turgalicia), pois, aclaran, o proceso incumpre a lei de organización e funcionamento da Administración Xeral e do Sector Público Autonómico. Diante desta situación, o sector de Autonómica da CIG xa remitiu o correspondente escrito á Dirección Xeral da Función Pública demandando a paralización e anulación da convocatoria.
15/3/2011 A CIG-Saúde lembra que este acto é ineludíbel para que os/as opositores que aprobaron o último proceso selectivo non perdan a súa praza
CIG-Saúde vén de denunciar unha vez máis as políticas de desmantelamento sanitario que padece a área Sanitaria da Coruña por mor da diminución de cadros de persoal, a contratación precaria en todas as categorías ocultando as vacantes estruturais, peches de Unidades e Servizos, suspensión do Plan Mellora de Atención Primaria, etc.. Agora, ademais vén de iniciarse “unha ofensiva contra os dereitos dos profesionais sanitarios” coa denegación de permisos de libre disposición, formación, deber inescusábel ou enfermidade moi grave.
11/3/2011 A Consellaría pretende sacar só as vacantes de máis difícil cobertura
A CIG-Saúde desenvolveu este venres concentracións nas distintas Xerencias de Atención Primaria para esixir á Consellaría de Sanidade que oferte o 100% das prazas vacantes en medicina de familia para o persoal que superou o proceso selectivo, xa que a administración pretende ofrecer só aqueles postos de máis difícil cobertura.
29/6/2010 A unha semana de que o persoal que superou o proceso selectivo para a dotación de 2 prazas nese hospital puidera solicitalas, o SERGAS suprimiu eses destinos
CIG-Saúde vén de dirixir un escrito á conselleira de Sanidade, Pilar Farjas, denunciando que a unha semana de que o persoal que superou o proceso selectivo para facultativos de hospitais (segundo a Resolución do 11 de decembro) para a dotación de 2 prazas de radiofísico hospitalario en Galario, con destino no novo hospital de Lugo, a administración suprimiu estes destinos e ofertou estas prazas noutros complexos hospitalarios do SERGAS (CHUS e CHOU).
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com