31/3/2010
Denuncia que os arredor de 400 traballadores da nova terminal de Lavacolla fan xornadas de 10 e 12 horas e que pretenden que traballen en Semana Santa
Desde a CIG-Construción de Compostela veñen de denunciar a situación na que se atopa a Construción de Obra Pública, onde se están a facer xornadas superiores ás legais, sen que se respecten unhas condicións laborais mínimas. Como exemplo sinalan a situación dos arredor de 400 traballadores da obra de construción da nova terminal do aeroporto de Lavacolla, que alén de traballar máis horas das estipuladas pretenden que o fagan tamén durante as vacacións da Semana Santa.
11/9/2009
O Tribunal de Luxemburgo ditou unha sentenza que recoñece o dereito do traballador a que lle sexa marcado outro período de ferias
O Tribunal de Xustiza de la UE recoñeceu, na sentenza do 10 de setembro de 2009, que un traballador que estea de baixa por incapacidade temporal durante o período fixado no calendario de vacacións da empresa ten dereito a gozalas unha vez que sexa dado de alta.
15/4/2009
O primeiro será este sábado 18 de abril
A CIG-Mocidade de Vigo organiza o vindeiro sábado
18 de abril un curso sobre lexislación laboral dirixido a mozos e mozas de até
30 anos. A xornada desenvolverase nos locais da central en Vigo (r/ Gregorio
Espiño 47) de dez da mañá até as dúas da tarde.
26/1/2009
Os interesados/as pódense anotar pasando polo local da central ou chamando ao 988 321 511.
A CIG de Valdeorras vén de anunciar a
organización dun curso de formación interna sobre Lexislación laboral e relacións
laborais básico, a desenvolver a partir do vindeiro 27 de febreiro. O curso, ten
unha duración de 50 horas, das que 35 serán presenciais e as outras 15 horas a
distancia.