17/5/2013
Nese intre celebrábase do lado o Consello da Xunta
Coincidindo coa celebración do Consello da
Xunta e tras da publicación no DOG da nova RPT pola que se despedía a 59
traballadores e traballadoras da administración pública, as organización sindicais
con representación na Mesa Xeral de
Emprego Público de Galiza convocaban concentracións diante dos principais
edificios administrativos para manifestar a súa oposición ás amortizacións, destrución
de emprego e consecuente deterioro dos servizos públicos.
17/5/2013
A Lei de Patrimonio Cultural di que “baixo ningún concepto se poden destruír documentos mentres subsista o seu valor probatorio”
No
Pleno do Parlamento galego do mércores 15 de maio, o Presidente da Xunta
aseguraba que non existen contratos anteriores ao 2003 co seu daquela amigo
Marcial Dorado porque “só hai obriga de arquivar os documentos durante 10
anos”. A CIG-Administración desmente esta afirmación e asegura que non se poden
destruír documentos mentres subsista o seu valor probatorio e que para a súa
xestión a administración conta cun grupo de funcionarios especializado no eido
da arquivística (Corpo Especial de Arquivos).
16/5/2013
Publica un video “retrógrado” no seu web para vender a necesidade dos recortes coincidindo coa publicación no DOG da nova Relación de Postos de Traballo
Coindindo coa campaña propagandística da Xunta de
Galiza, que aproveitou o Día da Familia, 15 de maio, para xustificar os recortes cun video
propagandístico no que unha familia tradicional (o modelo de familia galega do
Partido Popular) non gasta máis do que ten, publicábase no DOG a RPT pola que a
consellaría de Traballo e Benestar despide a 59 traballadoras e traballadores
da administración pública. “59 familias que se van á cola do paro”, denuncia o
sector da Autonómica da CIG-Administración.
15/5/2013
Durante a xornada de celebración traballadores/as e usuarios/as mobilizaranse contra a política de recortes aplicada pola administración
O martes 14 de abril, iniciouse o 11º peche que veñen realizando as traballadoras e traballadores do Centro de Atención a Persoas con Discapacidade Física (CAMF-Imserso) de Ferrol semanalmente. Como veñen facendo habitualmente concentráronse entre as 12.00 e as 12:30 horas nas portas dianteiras do centro de traballo.
14/5/2013
Denunciaron ademais os “alarmantes” aspectos regresivos que se introducen coa Lei de Emprego Público que pretende aprobar o partido Popular
Empregados e
empregadas da Xunta de Galiza concentrábanse na mañá deste martes en San Caetano
para denunciar os despedimentos e a destrución de emprego público que esta
semana se vai facer efectiva, unha vez se publique a modificación da Relación
de Postos de Traballo no Diario Oficial de Galiza. Na mobilización, convocada
polas centrais sindicais presentes na Mesa Xeral de Emprego Público en Galiza
denunciáronse tamén as consecuencias que, nas condicións laborais do persoal das
administracións públicas de Galiza, terá a Lei de Emprego Público que pretende aprobar
o Partido Popular.
13/5/2013
Convocan as organizacións sindicais con representación na Mesa Xeral de Emprego Público en Galiza, ás 12:00 horas, na explanada da cafetería
As
catro organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Emprego Público (CIG,
CCOO, UGT e CSIF) convocan unha concentración, este martes, día 14 de maio, ás
12:00 horas, na explanada da cafetería do edificio administrativo da Xunta de Galiza,
en San Caetano, para denunciar os despedimentos e a destrución de emprego
público que esta semana se vai facer efectiva, unha vez se publique a
modificación da Relación de Postos de Traballo no Diario Oficial de Galiza.
13/5/2013
Eliminaron os postos de traballo das persoas encargadas das tarefas de orientación laboral e da supervisión e control das subvencións que reciben as empresas
A pasada semana, a Consellaría
de Traballo anunciou a contratación de 20 persoas para o control da fraude nas
prestacións do Plan Prepara. Ante isto, o sector da Autonómica da
CIG-Administración denuncia o “cinismo” que amosa a consellaría, logo de ter
destruído 223 postos de traballo nas oficinas de emprego entre xuño e decembro
do 2012 e que “nestes días está a despedir a máis persoal”.