30/9/2010
Uns 4.500 compañeiros/as secundaron unha xornada de folga no naval para protestar pola falta de seguridade e a precariedade
A federación do Metal da CIG denuncia que o
opearario falecido na madrugada do mércores nun accidente laboral en
Bouzas levaba máis de 15 horas seguidas traballando. A central
critica o incremento da precariedade e da inseguridade que está a
vivir o naval. Uns 4.500 empregados/as do sector percorreron as rúas de Vigo en sinal de protesta.
2/6/2009
Edición monográfica sobre o conflito aberto pola negociación do convenio
Desde a semana pasada e tamén estes primeiros dias antes da folga polo convenio provincial do Metal da provincia de Pontevedra, que terá lugar o mércores 3 de xuño e o xoves 4, editouse desde a CIG-Metal de Vigo un novo número do "Novas do Metal", no que se informa do estado actual do conflito, desta convocatoria de folga, asi como outras novas de interese para o sector.
22/5/2009
5000 traballadores percorreron as rúas da cidade desde as 11 da mañá
Traballadores do naval da cidade de Vigo secundaban media xornada de folga e saían ás rúas en manifestación como resposta á represión policial durante a cuarta xornada da folga no sector do metal. Logo de se reuniren en asemblea nos diferentes centros de traballo, mais de 5000 traballadores demostraban publicamente a unidade no sector e a repulsa á violencia policial e patronal, á que responsabilizan das cargas.
5/2/2009
Marchas e concentración diante do Xulgado
Desde primeira hora da mañá volvían de novo os traballadores do Metal participar dunha nova xornada de folga en solidariedade cos catro traballadores do sector, que ían ser xulgados nesta data pola folga do 2007, para que se cumprira e respetara o convenio. Desde os centros de traballo volvían realizarse marchas, que se xuntaban ás nove da mañá na Praza do Rei, e continuaban en manifestación polas Camelias até os Xulgados. Fronte ao edificio no que tiña lugar este proceso xudicial concentráronse estes folguistas até que rematou pasada a unha da tarde o xuízo.
4/2/2009
Irán á folga indefinida o 23 de febreiro
O xoves 5 de febreiro ás 10 da mañá no hall principal do hospital do Meixoeiro de Vigo, concentrarase o persoal de mantemento deste centro hospitalario, adscrito á empresa Isolux Corsan Servicios s.a. Esta é a primeira das mobilizacións destes traballadores, e de non modificarse a situación actual, o comezo da folga indefinida está fixado para o 23 de febreiro.
3/2/2009
As concentracións comezarán a primeira hora nos centros de traballo
Miguel Malvido, secretario nacional da CIG-Metal, e Henrique Pérez, secretario comarcal de Vigo desta federación, compareceron o martes 3 de febreiro diante de numerosos medios de comunicación para explicar máis polo miudo a convocatoria de folga en todo o sector do metal para o xoves 5 de febreiro, en solidariedade cos catro traballadores do sector que van volver ser xulgados nesta data e "porque sobran os motivos para realizar esta convocatoria, polo incumprimento sistemático do convenio, porque aos traballadores inmigrantes se lles está a pagar por baixo do que establece o convenio e por cuestións de saúde laboral mínimas e necesarias".
30/1/2009
Unha nova xornada de mobilización contra a represión e pola dignidade
O sector do convenio provincial do metal de Pontevedra vivirá unha nova xornada de folga, convocada pola CIG, o vindeiro 5 de febreiro. Os máis de 22.000 traballadores afectados por este convenio provincial están chamados á folga contra a represión sindical, xa que nesa data van volver ser xulgados catro traballadores do Metal, que no 2007 estiveron case quince días en folga para que se cumprira o convenio, despois do aprazamento do xuízo o pasado 6 de novembro, data na que a CIG convocou outra xornada de folga e solidariedade. A Fiscalía solicitaba catro anos de cárcere para estes catro folguistas.