10/2/2012
A CIG de Ferrol desenvolve un programa de actos nos concellos da comarca para evidenciar que fronte a crise, hai alternativas
A Unión Comarcal da CIG de Ferrol organizou na tarde do xoves un acto reivindicativo no Concello de Cedeira, dentro do programa acordado con motivo da campaña “Outro modelo económico e social é posíbel. Contra a crise, hai alternativa”, que incluíu unha concentración na Praza de Galiza de Cedeira na que se esixiu un cambio de rumbo nas políticas de recortes e ataques á clase traballadora aplicadas polos gobernos até o momento.
24/1/2012
A federación de Químicas e Enerxía de Ferrol considera que se trata dunha actitude represiva e ameazadora para o conxunto dos traballadores
A empresa Frangosa Servizos, auxiliar de
Forestal do Atlántico, que desenvolve a súa actividade no complexo de Punta
Promontorio, en Mugardos, acaba de despedir a un traballador con problemas de
saúde que o limitan para algunha das funcións que ten que desempeñar. A
federación de Químicas e Enerxía de Ferrol denuncia que o traballador vén
padecendo estes problemas desde hai anos, pero que estaba desempeñando a súa
función nun posto no que podía traballar sen limitacións.
5/11/2011
A marcha sairá ás 12:00 dende o Inferniño e concluirá na Praza de Armas, onde se dará lectura a un manifesto conxunto
As organizacións sindicais CIG, CCOO, UGT e USTG teñen convocada unha gran manifestación comarcal o vindeiro domingo, 6 de novembro, en defensa do emprego e do sector naval da Ría de Ferrol. A marcha sairá ás 12:00 dende o Inferniño e concluirá na Praza de Armas, onde se dará lectura ao manifesto conxunto. A manifestación, que se desenvolve baixo o lema “Polo emprego e o futuro das comarcas. O naval é fundamental. Carga de traballo xa”!, vén precedida polas múltiples mobilizacións que os traballadores/as de Navantia e as industrias auxiliares estiveron realizando dende o pasado 28 de setembro en demanda de carga de traballo e da construción do dique flotante.
20/10/2011
A Unión Comarcal de Ferrol celebrou unha asemblea aberta na que se chamou á loitar por un cambio de modelo e se animou a participar na manifestación do 23 de outubro
Proseguindo co calendario de actos enmarcados na campaña “Si, existen alternativas. En defensa do emprego e dos servizos sociais”, a CIG de Ferrol celebrou unha asemblea aberta na tarde do mércores na que participou tamén o Secretario Xeral da central nacionalista. Seixo demandou un cambio nas políticas fiscais, que debe pasar por máis impostos para as rendas máis altas e a persecución da fraude e dos paraísos fiscais, ao tempo que criticou o recorte do gasto social e do investimento público nun momento no que este é a única vía para xerar emprego e reactivar a economía
13/10/2011
A Unión Comarcal organiza un percorrido en barco pola ría para simbolizar o drama da emigración e unha asemblea aberta no Cantón de Molíns
A Unión Comarcal da CIG de Ferrol anunciaba en rolda de prensa esta mañá os actos que vai desenvolver nos vindeiros días con motivo da campaña nacional “Si, existen alternativas. En defensa do emprego e dos servizos públicos”. A Unión Comarcal ten organizada unha “marcha” simbólica en barco pola ría, para representar a problemática do desemprego que deixa a emigración como única saída, unha asemblea aberta e unha xornada dedicada á mocidade .
12/5/2011
A empresa, propiedade da deputada do PP, non presentou a documentación necesaria ante o organismo competente
As traballadoras e traballadores do Pazo Libunca, propiedade da
deputada do PP Natalia Barros, denuncian que por mor da súa “incapacidade
absoluta de xestión” o persoal vai ficar sen cobrar as prestacións por desemprego
“pola incapacidade da empresa en presentar a documentación necesaria diante do
organismo competente”.
12/5/2011
A demanda inclúe tamén ao vicepresidente da empresa e concelleiro de Facenda, Ramón veloso
A delegada de persoal do Instituto Municipal de
Facenda de Ferrol (INFACOFE), presentará demanda xudicial por tutela de dereitos
fundamentais ao ver impedido o seu labor sindical pola actitude dos máximos
responsábeis do organismo de recadación