16/5/2012
Critican a pasividade do Goberno local do PP e instan o alcalde a defender os dereitos dos veciños/as
A CIG de Verín reclámalle á Consellería de Sanidade que paralice as xestións encamiñadas a suprimir o servizo de urxencias da vila, situado na rúa Juan Guerra Valdés e critican a pasividade do Goberno local diante dun novo ataque aos servizos públicos por parte da Xunta. Ao mesmo tempo, denuncian que non se está a informar sobre a decisión os veciños/as nin os profesionais que desenvolven o seu labor no centro e esixen a convocatoria dunha xuntanza con todos os sectores implicados.
22/12/2011
O achegamento de posturas posibilitará que a representación sindical non impugne os orzamentos
A CIG e o O Concello de Verín alcanzaron un preacordo sobre o inicio da negociación colectiva para o persoal laboral e funcionario que posibilitará, en caso de respectarse, que a representación sindical non impugne, logo de catro anos facéndoo, os orzamentos municipais para o exercicio 2012.
10/11/2011
O alto tribunal condena á institución local a convocar a Mesa de negociación
A Sala do Contencioso Administrativo do TSXG, estimando o Recurso de Apelación
interposto pola CIG, vén de anular, definitivamente, o Orzamento Xeral do Concello de
Verín do ano 2009 por vulnerar o dereito de negociación colectiva da central sindical nacionalista. A sentenza do alto tribunal galego condena tamén á entidade
a acometer unha negociación real coa representación sindical. Ademais, o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza impón ao Concello,
como parte vencida no preito, o pagamento das costas do proceso por
valor de 1.000 euros.
18/5/2011
A cifra de desempregados/as sitúase en 1.730 persoas, das que 509 contabilizáronse tras a chegada do PP á Alcaldía
A Unión Local de Verín da
Confederación Intersindical Galega (CIG) alerta da “desastrosa”
política en materia de emprego que está a desenvolver o Goberno
local, presidido por Juan Manuel Jiménez Morán, do Partido Popular. Lembran que
a taxa de paro pasou das 1.221 persoas en 2007 ás 1.730 rexistradas
actualmente.
17/1/2011
A CIG xa presentou un recurso contra a decisión do alcalde "popular" da vila ourensá
O Concello de Verín rexeitou a
solicitude feita pola CIG no sentido de poder publicitar mediante
megafonía a convocatoria de folga xeral do vindeiro 27 de xaneiro
apelando á ordenanza municipal sobre civismo, uso e limpeza da vía
pública e protección da paisaxe urbanística. A negativa
comunicouse mediante un decreto asinado polo rexedor local, do PP,
que xa foi recorrido pola central nacionalista mediante a
presentación dun contencioso-administrativo.
7/7/2010
A CIG reclamou a execución forzosa da sentenza, xa que pasaron dous anos dende a súa publicación
A Unión Local da CIG de Verín vén de denunciar que o Concello continúa sen dar cumprimento da sentenza xudicial pola que quedou a anulada a oposición de auxiliar de biblioteca, dous anos despois de que saíse publicada a resolución. Diante desta situación, a CIG, como promotora do recurso, veuse na obriga de acudir de novo ao xulgado do Contencioso Administrativo para reclamar a execución forzosa da sentenza, recurso que foi estimado, polo que agora o alcalde poderíase enfrontar a multas coercitivas persoais pola dilación inxustificada.
22/2/2010
En setembro privatizou o servizo público de augas
O Comité de Empresa do Concello de Verín denuncia a política de privatizacións que está levar neste concello o seu alcalde, o señor Juan Manuel Jiménez Morán. En setembro do ano pasado privatizou o servizo público de augas deste concello aludindoá necesidade de facer fronte as débedas deixadas pola anterior corporación.