Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
Artigos de opinión
Acordo para o emprego e a negociación colectiva: Recorte salarial e laboral, sen contrapartidas
10/02/2012Antonio Antón
O Acordo para o emprego e a negociación colectiva (AENC), asinado recentemente pola patronal CEOE-Cepyme e as direccións de CCOO e UGT, para o per...
A «via diplomática» da UE
10/02/2012Inês Zuber
Hoje, no Irão, é o pretenso perigo de desenvolvimento de armas nucleares – nunca confirmado pela Agência Internacional de Energia Atómica – ...
O fracaso dos recortes
09/02/2012Vicenç Navarro
Por fin comeza a percibirse que algo non funciona cos recortes. Mesmo os neoliberais comezan a dicir que tales recortes teñen que ir acompañados d...
Como os bancos romperam o contrato social ao promoverem os seus interesses particulares
09/02/2012Michael Hudson
A banca alterou-se de tal forma desde os tempos em que financiava o crescimento industrial e o desenvolvimento económico que agora beneficia sobret...
Estado español: A contrarreforma laboral que prepara o goberno do Partido Popular
08/02/2012Vidal Aragonés
Aínda que a totalidade das medidas [da reforma laboral prevista] son un desenvolvemento do xa iniciado na última etapa do Goberno de Zapatero, sup...
Nova traizón á clase traballadora
07/02/2012Xabier Pérez Igrexas
convenio
10/2/2012 A decisión adoptada polo consello do principal acredor contempla a quita do 80% da débeda
O consello da sociedade Pequeños y Medianos Astilleros en Reconversión (Pymar) decidiu por ampla maioría adherirse ao convenio de Vulcano, o que abre unha porta á supervivencia do estaleiro vigués, que evita deste xeito ter que ir á liquidación da empresa. O acordo contempla a quita do 80% da débeda do estaleiro con sede no barrio de Teis.
10/2/2012 A CIG convoca unha asemblea de traballadoras e traballadores, este sábado ás 11:30 horas en Compostela
O Xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, nunha reunión coas delegadas e delegados, anunciou a integración do organismo na Axencia Galega de Servizos Sociais. O proceso de integración faríase en dúas fases: primeiro os Servizos Centrais e as Escolas Infantís (Galiñas Azuis) e, despois a Área de Benestar. A CIG denuncia que todo isto está previsto que se faga sen garantir, en ningún momento, os postos de traballo do persoal do ente, unha vez finalizado o proceso de integración.
14/12/2011 Adoptaron a decisión despois de que a patronal retirase unha proposta que supoña a perda de 1.000 euros anuais por empregado/a
As traballadoras/es da sanidade privada da provincia de Pontevedra acordaron desconvocar unha das tres xornadas de folga que anunciaron recentemente para protestar polo bloqueo nas negociacións do convenio de Hospitalización e Internamento. A decisión adoptouse despois de que se retomasen as conversas a a patronal retirase a proposta de suprimir a paga de vinculación, o que supoñía a perda duns 1.000 euros anuais para cada traballador/a. Con todo, manteñen os paros previstos para os vindeiros días 18 e 25 de xaneiro.
29/11/2011 Arredor de 400 persoas percorreron en manifestación as rúas de Vigo para denunciar a actitude da patronal
Arredor de 400 traballadoras/es da sanidade privada percorreron esta tarde as rúas de Vigo para denunciar o bloqueo nas negociación do convenio colectivo das clínicas privadas de hospitalización e internamento da provincia de Pontevedra. Ao remate da manifestación anunciaron a convocatoria de tres xornadas de folga para denunciar a actitude da patronal.
23/11/2011 Conseguen reunirse co xerente e que este se comprometera a iniciar a negociación, como moi tarde en xaneiro
Delegados/as da CIG pecháronse esta mañá na sede central do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar (Galiña Azul, I+B, Centros de Día, Servizos centrais...) en demanda, entre outros, da aplicación do convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galiza. O peche, que comezou contra as 12:00 horas, mantívose até que foron recibidos polo xerente do organismo. Tras da xuntanza, na que participaron as/os representantes das/os traballadoras/es xunto a representantes da CIG-Ensino e CIG-Administración, deron por finalizada a concentración. O xerente comprometeuse a iniciar unha negociación, como moi tarde en xaneiro.
11/11/2011 A CIG decidiu suspender a protesta que mantiña paralizadas as labores de construción tras lograr o compromiso da autoridade laboral
A CIG-Construción suspendeu este mediodía a protesta que mantiña paralizadas dende onte as obras do novo hospital de Vigo despois de que se acordase a creación dunha comisión de seguimento que velará polo cumprimento das condicións de traballo. A decisión adoptouse no transcurso da xuntanza mantida a petición da central nacionalista coa Inspección de Traballo e as empresas que executan os traballos e foille trasladada aos traballadores/as nunha asemblea celebrada a pé de obra.
4/11/2011 O persoal volve reclamar que se responda á solicitude de reunión, cursada xa a mediados de outubro, co Director Xerente e o Alcalde da Coruña
Diante das noticias a respecto da convocatoria trasladada por Emalcsa aos responsábeis de Valoriza Auga para tratar o conflito laboral, os traballadores da empresa de limpeza de sumidoiros solicitan da xestora municipal de augas que tamén dea resposta á súa solicitude e manteña unha xuntanza coa parte social. O persoal volve reclamar á convocatoria da reunión solicitada hai máis de quince días co Director Xerente de Emalcsa e co Alcalde da Coruña, e que polo de agora aínda non recibiron contestación.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com