11/3/2010
Manifestación ao redor do hospital
O xoves 11 de marzo celebrouse unha nova protesta contra a privatización da sanidade pública no Hospital do Meixoeiro. Nesta nova mobilización percorreuse os arredores do hospital en manifestación con berros en contra da privatización e contra os responsables da Xunta de Galiza así como contra o xerente do CHUVI Francisco Soriano pola súa activa defensa da privatización do novo hospital.
11/2/2010
Participación activa e numerosa de traballadoras e traballadores da sanidade
Celebrouse o xoves 11 de febreiro unha nova mobilización en contra da privatización da sanidade pública en Vigo, nesta ocasión o escenario foi o Hospital do Meixoeiro onde unha nutrida participación de traballadoras e traballadores participaron activamente con cánticos e proclamas en contra das intencións do goberno do PP de liquidar a sanidade pública en Vigo.
5/2/2010
Unhas 800 persoas participaron na concentración que se desenvolveu o xoves nas instalacións do Meixoeiro
Outro éxito mais de participación na concentración que se celebrou o xoves 4 de febreiro no Hospital do Meixoeiro para protestar contra a privatización do novo hospital de Vigo. Unhas 800 persoas participaron nesta protesta que percorreu os arredores do hospital e que logo se dirixiu cara ás dependencias da dirección do centro.
21/9/2009
CIG-Saúde de Vigo critica a medida e lembra que existe unha longa lista de espera nesta especialidade
Coa desculpa de non ter pacientes, o CHUVI (Complexo Universitario Hospitalario de Vigo) está a pechar as camas da Planta catro, ala 2, do Hospital Meixoeiro, na que existen unhas 16-18 camas, correspondentes ao servizo de Traumatoloxía. Ao mesmo tempo, denuncian dende a CIG-Saúde de Vigo, dáse a circunstancia de que existen longas listas de espera para algunhas intervencións cirúrxicas desa especialidade, como as próteses de cadeira.
6/2/2009
Denuncian o incumprimento do convenio
O luns 9 de febreiro ás 10 da mañá no hall principal do hospital do
Meixoeiro de Vigo, concentrarase o persoal de limpeza e mantemento
deste centro hospitalario, adscrito ás empresas Valoriza e Isolux
Corsan Servicios s.a. Esta é unha das primeiras mobilización, destes
traballadores que repetirase de non modificarse a situación actual, o
comezo da folga indefinida está fixado para o 23 de febreiro.