Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
Artigos de opinión
Praça Tahrir, Parque Gezi: próxima estação Avenida Paulista?
19/06/2013Francisco Carlos Teixeira
O PT se forjou nas ruas, nas universidades e nas fábricas: são as ruas que devem corrigir o curso de um projeto concreto, popular, includente e se...
A coacción alemá
18/06/2013Ignacio Ramonet
A escala planetaria, as demais grandes economías, Estados Unidos e Xapón, volveron ao crecemento mentres a UE segue sumida na recesión. Por iso ...
Por que se fan os recortes?
18/06/2013Vicenç Navarro
O goberno Rajoy recortou 6.000 millóns de euros en sanidade, cando podería conseguir máis diñeiro anulando a baixada do imposto ás grandes empr...
Pensións: Rebaixa inxusta e inxustificada
17/06/2013Antonio Antón
O Goberno do PP prepara unha reforma profunda e regresiva do sistema público de pensións. O efecto das medidas fundamentais propostas no Informe d...
O significado mais profundo da espionagem em massa nos EUA
17/06/2013James Petras
A revelação de que o regime utiliza a Agência de Segurança Nacional (NSA na sigla em inglês) para espionar secretamente as comunicações de ce...
Migración de «perroflautas»
13/06/2013Xurxo Martiz Crespo
servizos
22/12/2011 A central nacionalista considera “inxusta e inmoral” a decisión da cadea de supermercados
Ducias de delegados/as da CIG volveron concentrarse fronte aos centros de traballo que a multinacional da alimentación Lidl ten en Ourense en protesta polo despedimento dunha traballadora acusada de roubar unhas papas de cereais para a súa filla. Dende a central nacionalista rexeitan a decisión da empresa por “inxusta, indecente e inmoral e anuncian que as protesta continuarán até que se chegue a un acordo que dignifique a profesionalidade dunha empregada con máis de 10 anos de antigüidade.
18/11/2011 A afectada está acusada de roubar unhas papas para a súa filla por valor de tres euros nun supermercado de Ourense
A Unión Comarcal da CIG de Ourense anunciou que continuará coas mobilizacións convocadas para denunciar o despedimento "inxusto e inmoral" dunha traballadora con máis de 10 anos de antigüidade tras ser acusada de roubar unhas papas de cereais para a súa filla por valor de tres euros. Dende a central nacionalista critican a falta de vontade negociadora da trasnacional alemá, que non compareceu no acto de conciliación previo ao xuízo.
15/11/2011 A afectada, con máis de 10 anos de antigüidade na empresa, está a acusada de roubar unhas papas para a súa filla
Ducias de delegados/as da CIG concentráronse esta mañá fronte aos centros de traballo que a multinacional da alimentación Lidl ten na cidade en protesta polo despedimento dunha traballadora acusada de roubar unhas papas para a súa filla. Dende a central nacionalista rexeitan a decisión da empresa por “inxusta, indecente e inmoral e anuncian que as protesta continuarán até que se chegue a un acordo que dignifique a profesionalidade dunha empregada con máis de 10 anos de antigüidade.
25/10/2011 A empregada, con contrato fixo e con 10 anos de antigüidade, foi acusada de roubar unhas papas para os seus fillos
A CIG de Ourense denuncia a actuación desproporcionada e inmoral da multinacional alemá Lidl despois de que despedise a unha traballadora con contrato fixo que levaba 10 anos no centro de traballo da Valenzá. A empregada foi acusada de coller unhas “papas de cereais” de bebé para os seus fillos a última hora da tarde cando a caixa xa estaba pechada, polo que non puido facer efectivo o pago por un importe de 2,90 euros, “sendo intención da traballadora abonar esta cantidade ao día seguinte ao comezar a xornada laboral”.
23/9/2010 Reclama que se declare o dereito dos traballadores/as a seguir percibindo os mesmos salarios que antes de aplicarse a medida
Os secretarios comarcais das federacións de Banca, Administración, Metal, FGAMT e Servizos compareceron hoxe para anunciar a presentación de demandas de conflito colectivo -que se intentará, cando sexa posíbel, facelo coas outras organizacións sindicais- contra as empresas públicas nas que se está a aplicar de forma ilegal o Real Decreto Lei 8/2010 de medidas para reducir o déficit público.
26/5/2010 Denuncia a alarmante situación xerada tras da imposición por decreto dunhas medidas antisociais coas que se responsabiliza da crise á clase traballadora
A Confederación Intersindical Galega fixo, en rolda de prensa, un convite expreso a CCOO e UGT para que reconsideren a súa posición e se sumen á convocatoria dunha folga xeral porque “é o momento e é necesario para que non se resolva esta crise en contra da maioría social”. A central sindical entende que é responsabilidade das organizacións sindicais dar unha resposta clara e contundente, dado o alcance e gravidade das medidas que está a adoptar o goberno español. “Habería que estar preparando esa convocatoria e non discutindo nas mesas de diálogo social se se incrementa máis ou menos a indemnización por despedimento”.
21/5/2010 A concesionaria da recollida do lixo readmite os tres operarios despedidos e mellorará as condicións laborais
Os traballadores e as traballadoras de Urbaser, concesionaria da recollida do lixo e da limpeza viaria en Santiago de Compostela, decidiron desconvocar a folga que mantiñan dende o 9 de maio despois de que a empresa aceptase readmitir os tres compañeiros despedidos. A patronal tamén se compromete a reorganizar os horarios, incrementar as xornadas de descanso e estudar outras melloras sociais.  
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com