3/4/2009
Continúa a campaña de denuncia de incumprimento do convenio
Os delegados e delegadas da CIG-Construción realizaron o 3 de abril unha nova xornada de mobilización, de paralización e concentración en distintas obras e infraestruturas da xeografía galega para denunciar o incumprimento sistemático convenio no relacionado ao exceso de xornada, realizando un mínimo de dez horas diarias de traballo, asi como ás retribucións salariais que están a percibir os traballadores do sector, que cada vez se establecen máis á baixa. Desde a Federación da Construción da CIG adiantaron que esta campaña terá continuidade, "até que non se corrixa a actual situación".
11/2/2009
Exceso de xornadas, mal pagadas e sen saúde laboral
A CIG Construción realizou o mércores 11 de febreiro unha xornada de accións simultáneas nas catro provincias galegas, sinalando o incumprimento “sistemático” da lexislación laboral en todo o que ten a ver coas xornadas, salarios e medidas de seguridade, entre outras cuestións. Asi, en Lugo, Ourense e A Coruña delegados e traballadores do sector entraban nas obras da maior infraestrutura pública que se está a facer no noso país, o AVE, para criticar que nin tan sequera a propia Administración central faga cumprir o convenio. Na provincia de Pontevedra, no tramo de Redondela, máis de 120 delegados, traballadores do sector en desemprego e representantes sindicais foron acordonados por dotacións de Policias antidisturbios, que non lle permitiron achegarse nin ás portas destas obras ao seu paso por Redondela, pola presenza da Vicepresidenta do Goberno español, María Teresa Fernández de la Vega.
10/2/2009
Para denunciar o incumprimento da lexislación laboral neste sector
A continuación reproducimos unha entrevista con Xosé Xoan Melón, secretario nacional da CIG Construción, na que explica os motivos da organización destas accións do 11 de febreiro, asi como o comezo dunha campaña da federación da Construción da central sindical nacionalista para denunciar o incumprimento do convenio en canto á xornada e a cuestións salariais, entre outros temas. As accións que se van realizar, unha en cada unha das catro provincias galegas, realizaranse na mañá do 11 de febreiro e queren subliñar que nin desde a propia Administración central se está a cumprir esta lexislación laboral e normativas que hai para o sector.