10/2/2009
Pintos está acusado de agredir supostamente a un axente nunha carga policial contra as mariscadoras de Mugardos en 2001
O Secretario Comarcal da CIG, Xesús López
Pintos, terá que acudir ao xulgado do Penal o vindeiro xoves 12 de xaneiro como
imputado por uns feitos ocorridos durante un conflito laboral na confraría de
Mugardos no ano 2001. Pintos, que compareceu en rolda de prensa arroupado por toda a executiva comarcal, negou as acusacións de agresión a dous policías,
explicou uns acontecementos provocados polas propias políticas partidistas dos
responsábeis de Pesca naquel momento e apuntou que este xuízo non é máis que “un
escarmento contra a actividade sindical”.