Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
Artigos de opinión
Grécia, uma crise terminal
23/05/2012Luiz Gonzaga Belluzzo
Diante dos riscos de o país abandonar o euro, os capitais escapam da Grécia. Assustados com o possível retorno do dracma e no afã de proteger o ...
A política da linguagem e a linguagem da regressão política
23/05/2012James Petras
Um dos eufemismos mais comuns lançado em meio a esta crise económica é "austeridade", um termo utilizado para encobrir as duras realidades de cor...
Banco Central Europeo: un pirómano ao servizo da banca privada
15/05/2012Juan Torres López
Cando a historia xulgue dentro duns anos o que agora está pasando en Europa atopará no comportamento do Banco Central Europeo unha causa principal...
Europa: O vento mudou
15/05/2012José Manuel Pureza
A política europeia virou? Não. Mas só o sectarismo mais cego se recusará a reconhecer que as condições do combate político em escala europei...
"Catástrofe liberal": crise arrasta Europa para a incerteza
15/05/2012Eduardo Febbro
O tabu sobre a unidade em torno do euro foi reduzido a pedaços. A União Europeia considera cada vez mais a possibilidade de que a Grécia abandone...
O que está acontecendo na Síria
14/05/2012Maurizio Musolino
Portugal: Pacto de Agressão - Um ano depois
14/05/2012José Alberto Lourenço
O ouriço financeiro europeu
11/05/2012Flávio Aguiar
Correlingua
7/5/2012 Malia o mal tempo, o alumnado percorreu animosamente as rúas do casco vello para reivindicar a normalización da nosa lingua
Coa participación de dous mil rapaces e rapazas, Compostela acolleu este luns a celebración do Correlingua, actividade lúdico-educativa de reinvindicación da lingua galega, organizada pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega, a CIG–Ensino e a Mesa pola Normalización Lingüística, xunto cos Concellos de Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo. Na carreira pola lingua de Santiago participou alumnado procedente de 25 centros de ensino primario e secundario das comarcas próximas á cidade.
4/5/2012 Este ano a carreira pola lingua desenvólvese baixo o lema “En galego todo o que buscas”.
Arredor de 4.000 rapaces e rapazas participaron este venres nunha nova edición do Correlingua na Coruña que este ano se desenvolve baixo o lema “En galego todo o que buscas”. Os/as escolares saíron pouco despois das 11:00 horas do Pavillón de Deportes de Riazor, continuaron polo paseo marítimo, Zalaeta, Campo da Leña e Rúa de San Xoán e Avenida de Navarra até rematar o percorrido diante da Torre de Hércules, onde se deu lectura ao manifesto da edición 2012 e se entregou o premio á mellor faixa.
26/4/2012 A entidade municipal colaboraba na carreira pola lingua dende os seus inicios no ano 1999
O Concello da Coruña retirou toda a súa colaboración co Correlingua, a carreira pola lingua organizada pola Mesa pola Normalización Lingüística, a Asociación Socio-Pedagóxica Galega e a Confederación Intersindical Galega–Ensino, que contaba coa participación da institución local desde os seus inicios no ano 1999. Para a edición 2012, dita colaboración ía consistir só na colocación dun palco propiedade do Concello da Coruña para se desenvolveren as actuacións musicais e teatrais do Correlingua, compromiso ao que chegara o Concelleiro de Educación, Deportes e Mocidade nunha reunión mantida cos organizadores.
16/4/2012 As carreiras pola lingua percorrerán once comarcas galegas coa participación de centros de ensino de toda Galiza
Representantes das entidades organizadoras do Correlingua 2012 presentaron esta mañá en Santiago a décimo terceira edición desta carreira que arrincará o vindeiro 2 de maio na cidade de Ourense e que percorrerá once comarcas baixo o lema “Galego. Todo o que buscas”.  No acto entregáronse tamén os premios do Certame de vídeo, Banda Deseñada e do Manifesto ao alumnado dos colexios e institutos participantes. Os centros premiados son CPI Pontecesures (4º da ESO) polo Manifesto, e finalista CPI Ponte Carreira de Frades, en Banda Deseñada o CEE O Pino de Ourense e o CEIP A Laxe de Marín (3-5 anos) e en Vídeo o IES Mosteirón de Sada.
12/5/2011 Os participantes na nova edición do Correlingua gozaron de actuacións musicais e espectáculos de maxia
Milleiros de escolares da comarca de Vigo percorreron as rúas da cidade este xoves 12 de maio nunha nova edición do Correlingua, iniciativa en defensa do idioma que este ano se celebrou baixo o lema "En galego sempre somos". Os estudantes concentráronse pouco antes das 11.00 horas da mañá na Praza do Rei, onde lles dirixiron unhas palabras o alcalde e o edil de Deportes, para a continuación percorrer o centro até o parque de Castrelos.  Unha vez alí, realizaron distintas actividades e puideron gozar de actuacións musicais do grupo de Galeoke do colexio Pedro Floriani e dun espectáculo de maxia a cargo de Martín Camiña.
4/5/2011 Este ano desenvólvese baixo o lema “En galego sempre somos”
Arredor de 3.000 rapaces e rapazas participaron este mércores nunha nova edición do Correlingua na Coruña que este ano se desenvolve baixo o lema “En galego sempre somos”. Os/as escolares, equipados con faixas e a un ritmo trepidante que contou coa animación dos Festicultores, saíron ás 11:00 horas do Pavillón de Deportes de Riazor, pasando polo paseo marítimo, Zalaeta, Campo da Leña e Orillamar até rematar o percorrido diante da Torre de Hércules, onde os/as participantes gozaron dun espectáculo de maxia e música en galego, alén de dar lectura ao manifesto e proceder á entrega do premio á mellor faixa.
13/5/2010 Á falta dunha xornada para finalizar a edición deste ano, esta mañá celebrouse a carreira pola lingua en A Coruña
Tras percorrer xa 12 vilas e coa vista na última etapa mañá en Vigo, o Correlingua 2010 estase a amosar todo un éxito de participación. Esta mesma mañá desenvolvíase a carreira pola lingua en A Coruña, na que participaron uns 6.000 rapaces e rapazas procedentes de máis de 40 centros da cidade e a súa bisbarra, que percorreron ao berro de “galego, galego” o paseo marítimo entre Riazor e a Torre de Hércules.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com