23/5/2011
A empresa louseira négase a aceptar a lista da central e impediu a celebración dunha asemblea nas súas instalacións
A Unión Local da CIG de Valdeorras presentou un laudo arbitral para reclamar a anulación das
eleccións sindicais previstas para este mércores 25 en Cafersa
despois de que a mesa se negase a aceptar a súa candidatura. Dende a
central denuncian as presións "propias da mafia" que a empresa está a exercer sobre os
candidatos nacionalistas para evitar que poidan obter representación.
29/7/2009
O xoves 30 de xullo marcharán até o edificio da Xunta para reclamar a implicación da administración no conflito
Os traballadores e as traballadoras de IPISA retomarán na mañá do xoves 30 de xullo as protestas en demanda do pagamento dos atrasos salariais e de garantías para o mantemento dos seus empregos. O persoal marchará a Ourense, onde desenvolverá unha manifestación até as portas do edificio da Xunta para reclamar a implicación da administración neste conflito.
23/7/2009
Os traballadores e traballadoras cumpren xa os 14 días de folga consecutiva
O alcalde de O Barco de Valdeorras comprometeuse a mediar no conflito laboral que están a vivir os traballadores e traballadoras de IPISA durante a reunión que mantivo na mañá do 23 de xullo cos membros do Comité e os representantes sindicais de CIG e CCOO. O persoal de Iberoitaliana de Pizarra sumou este mércores o seu decimo cuarto día de folga.
13/7/2009
A dirección pretendía que que o persoal desconvocase o paro sen garantir o cobro dos atrasos salariais
O venres 10 de xullo os traballadores e as traballadoras de IPISA desenvolvían o quinto día de folga indefinida e anunciaban un endurecemento das medidas de presión, diante da falta de avances na reunión mantida coa dirección da empresa. Os directivos da factoría de A Medua pretendían que o persoal desconvocase o paro anunciando que ían abonar a paga extraordinaria de marzo e parte do salario de abril nuns días, proposta que para a asemblea de traballadores/as resultou cativa e imprecisa, polo que xa avanzaron que non retomaran a actividade na fábrica até que non se faga efectivo o pago de dúas mensualidades. Deste xeito, a folga continuaba o luns 13, día no que a asemblea de traballadores/as volveu ratificar o mantemento da folga indefinida.
9/7/2009
Os traballadores/as continuarán coas medidas de presión até ter garantías de que van cobrar as nóminas atrasadas
Os traballadores e as traballadoras de IPISA desenvolveron a cuarta xornada de folga na empresa, á espera de que a dirección realice algún movemento ou achegue algunha resposta. O persoal, que continuará coas protestas até ter garantías de que van cobrar as tres nóminas adebedadas e a paga extraordinaria de marzo, desenvolveu novas marchas polas rúas de O Barco e mantivo concentracións diante dos domicilios dos socios da louseira.
11/2/2009
Video en exclusiva gravado para este xornal dixital
En exclusiva para Avantar, disponibilizamos unhas imaxes da louseira de
Valdeorras Ipisa, onde se pode ver a situación de dúas balsas que
supoñen un grave risco para todos/as os habitantes da comarca de
Valdeorras, xa que a louseira está a botar ás aguas residuais sen
depurar que se empregan na fabrica da Medua para o serrado da lousa
diretamente a unha balsa feita no chan e sen illar como marca a lei.
Nos próximos dias estas gravacións entregaranse nunha denuncia á
Consellaria de Medio Ambiente, para que sexa coñecedora do que está a
acontecer en Ipisa.