Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
Artigos de opinión
Acordo para o emprego e a negociación colectiva: Recorte salarial e laboral, sen contrapartidas
10/02/2012Antonio Antón
O Acordo para o emprego e a negociación colectiva (AENC), asinado recentemente pola patronal CEOE-Cepyme e as direccións de CCOO e UGT, para o per...
A «via diplomática» da UE
10/02/2012Inês Zuber
Hoje, no Irão, é o pretenso perigo de desenvolvimento de armas nucleares – nunca confirmado pela Agência Internacional de Energia Atómica – ...
O fracaso dos recortes
09/02/2012Vicenç Navarro
Por fin comeza a percibirse que algo non funciona cos recortes. Mesmo os neoliberais comezan a dicir que tales recortes teñen que ir acompañados d...
Como os bancos romperam o contrato social ao promoverem os seus interesses particulares
09/02/2012Michael Hudson
A banca alterou-se de tal forma desde os tempos em que financiava o crescimento industrial e o desenvolvimento económico que agora beneficia sobret...
Estado español: A contrarreforma laboral que prepara o goberno do Partido Popular
08/02/2012Vidal Aragonés
Aínda que a totalidade das medidas [da reforma laboral prevista] son un desenvolvemento do xa iniciado na última etapa do Goberno de Zapatero, sup...
Nova traizón á clase traballadora
07/02/2012Xabier Pérez Igrexas
Xesús López Pintos
18/5/2009 Pintos reitera que non se arrepinte da súa actuación e a defensa subliña que se trata dunha “persecución sindical”
O xuízo que se segue contra o secretario comarcal da CIG de Ferrol, Xesús Anxo López Pintos, por supostamente agredir a un policía durante unha carga, quedou visto para sentenza na mañá do 18 de maio. A Fiscalía e a acusación particular manteñen as súas peticións de dous anos e medio e cinco anos de cárcere respectivamente, mentres que a defensa destacou que se trata dunha persecución contra Pintos e o sindicalismo que representa, pois, cando menos sorprende que estando presentes no conflito representantes de CCOO e UGT a acusación se limite ao representante da CIG.
15/5/2009 O proceso quedará visto para sentenza o luns 18 de maio
Os xulgados do penal de Ferrol volverán ser o vindeiro luns 18 de maio o punto de encontro para afiliados/as e representantes sindicais da CIG na comarca, convocados a asistir a unha concentración en apoio do secretario comarcal. O motivo: a celebración da última vista dentro do proceso que se segue contra, Xesús López Pintos, que quedará visto para sentenza.
8/5/2009 Continúa o xuízo contra López Pintos
O xuízo contra o secretario comarcal da CIG de Ferrol, Xesús Anxo López Pintos, proseguía o xoves 7 de maio pola mañá coa declaración das testemuñas achegadas pola acusación particular, exercida polo colectivo de mariscadoras contra a policía autonómica. As máis de 20 mulleres que acudiron á vista confirmaron a versión do representante sindical, ao asegurar que Pintos non agrediu a ningún policía e tan só intercedeu para evitar que un axente golpease a unha das traballadoras.
4/5/2009 Pintos reitera a súa inocencia mentres os policías incorren en numerosas contradicións nos seus testemuños
O xuízo contra o secretario comarcal da CIG en Ferrol, Xesús Anxo López Pintos, iniciaba na mañá do luns 4 de maio, logo de terse adiado o pasado mes de febreiro, Pintos enfróntase a unha petición de cárcere de máis de cinco anos por unha suposta agresión a un policía en 2001, cando exercía de mediador nun conflito entre o colectivo de mariscadoras de Mugardos. O responsábel da CIG de Ferrol negou durante a súa comparecencia os cargos que lle imputa a Fiscalía e a Xunta de Galiza, como acusación particular. Pola súa banda, os cinco axentes que acudiron a declarar en cualidade de testemuñas e acusados incorreron en numerosas contradicións e imprecisións á hora de relatar os feitos daquel 18 de setembro.
30/4/2009 Ás 9:45 horas diante do Xulgado do Penal
A Executiva comarcal da CIG de Ferrol realizou un chamamento á participar na concentración convocada o vindeiro 4 de maio diante dos xulgados do Penal da cidade en contra do xuízo que se vai celebrar ese día contra do secretario comarcal, Xesús Anxo López Pintos. A concentración está prevista para ás 9:45 horas, media hora antes de que comece o xuízo.
24/4/2009 A central comarcal convoca manifestación ás 12:00 horas con saída na Avenida do Esteiro
“A crise agudízase, as condicións de traballo empeoran, o desemprego continúa medrandro e aumentan os expedientes de regulación nas empresas”. Con estas premisas, a CIG da comarca de Ferrol lanzou un chamamento aos traballadores e traballadoras da comarca para que o vindeiro Primeiro de Maio saian as rúas na defensa dun novo modelo económico e social. A manifestación está convocada para ás 12:00 horas e saíra dende a Avenida do Esteiro até o Cantón ferrolá.
12/2/2009 Non se chegou a celebrar, a Xunta non se personou, e queda aprazado até que se resolvan "cuestións xurídicas previas"
Na xornada do 12 de febreiro 120 delegadas e delegados da comarca de Ferrolterra amosaron a súa solidariedade co secretario comarcal da CIG de Ferrol, Xesús López Pintos, na data na que se enfrontaba á petición de condena de cinco anos e tres meses de prisión, 20 fins de semana de arresto e unha multa de 10 meses a razón de 30 euros o día, que realizaba no 2002 a Xunta de Galiza, polos sucesos producidos na Confraria de Mugardos en setembro de 2001, nunha brutal carga policial. Esta demanda de pena era aínda máis dura ca da Fiscalía, que solicitaba dous anos e medio de prisión e inhabilitación especial para o sufraxio pasivo, pero no xuízo desta xornada a Xunta non se personou.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com