Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
Artigos de opinión
Portugal: Acerca do peso do Estado
27/01/2012Vaz de Carvalho
1. A ladainha neoliberal reza assim: "O peso do Estado em Portugal é excessivo, a carga fiscal excessiva. O Estado asfixia a economia privada cons...
Falsas xustificacións do Acordo de Negociación Colectiva
27/01/2012Clodomiro Montero M.
O acordo asinado polas cúpulas sindicais de CCOO e UGT, sen contar cos traballadores e traballadoras é un novo froito amargo da centralización da...
Entrevista com Tariq Ali: “Só protestar simbolicamente não é suficiente”
25/01/2012Heloisa Gimenez, Marcio Rabat e Vinicius Mansur
O mundo está pedindo a gritos um sistema diferente. Essa é a imensa tragédia e a contradição em todos os níveis: na economia, nas condições ...
2012: a crise americana cinco anos depois
24/01/2012João Sicsu
A política de Obama de combate à crise foi fundamentalmente uma política de resgate dos grandes, isto é, dos grandes bancos, das grandes indúst...
A demonização da classe trabalhadora britânica
24/01/2012Marcelo Justo
As três décadas de neoliberalismo, inauguradas por Margaret Thatcher com uma drástica desindustrialização nos anos 80, marcaram o triunfo de um...
O que acontecerá à União Europeia?
20/01/2012Wim Dierckxsens
Crueldade, impotencia
20/01/2012Xosé Luís Santos Cabanas
Banca Banca
2/2/2012 Sosteñen que Paloma Hidalgo centrou a súa xestión no recorte de gastos e descoidou a busca de novas vías de negocio
Os tres delegados/as de persoal da Fundación Semana Verde de Silleda (dous da CIG e unha de CCOO) compareceron hoxe en rolda de prensa xunto a representantes dos dous sindicatos para explicar como se atopa a tramitación do ERE e denunciar que a mala xestión da entidade é culpábel da delicada situación económica que provocou nove despedimentos. Tamén amosaron a súa confianza en que o recurso de alzada presentado contra o ERE temporal lles sexa favorábel e adiantaron que nos vindeiros días manterán unha reunión co presidente da Fundación e conselleiro de Presidencia, Alfonso Rueda.
1/2/2012 Demostrouse que estaba orientada ao desmantelamento da entidade, tal e como a central sindical denunciou desde o primeiro momento
O 13 de marzo do 2011 mentres o nacionalismo sindical e político se manifestaba conxuntamente en Santiago para defender a existencia dunha Caixa de Aforros Pública e Galega, o Presidente da Xunta de Galicia puña en marcha a operación “Castellano”. Situaba ao fronte a José María Castellano nunha operación destinada a pilotar o proceso de privatización e venda da entidade. Hoxe cando o Partido Popular prepara un novo proceso de concentración e centralización do poder financeiro, e polo tanto económico e político, a operación auspiciada por Alberte Nuñez Feijoo demostrou estar orientada ao desmantelamento da Entidade, tal e como denunciamos dende o primeiro momento.
31/1/2012 Na nota da Dirección, emitida aos medios de comunicación, inclúense medidas de recorte salarial escalonado que non se propuxeron na mesa de negociación
Novagalicia Banco comunicaba este luns ás organizacións sindicais que a entidade ten que aforrar 50 millóns de euros anuais en gastos de explotación, que sobran 250 persoas nos servizos centrais de Galiza e entre 350 e 400 na rede 2. Excedentes que xustifican polo peche de 110 oficinas. O total de persoal excedente é de 650 persoas, en 2012, sen descartar novos recortes para o ano que vén.
25/1/2012 A Sección Sindical da CIG rexeita a liquidación “a prezo de saldo” do persoal e demanda garantías do mantemento dos postos en Galiza
Delegados e delegadas da CIG no Banco Pastor realizaron esta mércores unha concentración na oficina principal da Coruña para denunciar os custes laborais que está tendo o proceso de absorción do Banco Pastor polo Banco Popular. Dende a Sección Sindical criticouse a “liquidación a prezos de saldo” que o Banco Pastor está a facer do seu cadro de persoal e demandáronse solucións que garantan o mantemento dos empregos en Galiza tanto no banco como nas empresas do seu Grupo.
24/1/2012 Este recorte dos salarios non se basea na situación do sector senón que responde ao Acordo Interconfederal asinado recentemente pola patronal e os sindicatos españois
A CIG-Banca vén de rexeitar, novamente, a conxelación salarial prevista para os vindeiros catro anos no preacordo do convenio estatal de caixas, que suporá unha perda do poder adquisitivo de entre o 8 e o 10%. A este respecto, a Federación da CIG puntualiza que esta conxelación e recorte salarial non se basea na situación do sector senón que responde ao Acordo Interconfederal asinado recentemente por CCOO, UGT, CEOE e CEPYME.
17/1/2012 Os representantes do Banco Pastor informaron que a entidade ofrecerá prexubilacións aos seus traballadores/as
Na mañá deste mércores comezaron en Madrid as reunións entre as organizacións sindicais e os representantes do Banco Pastor e o Banco Popular de cara a abordar as consecuencias laborais do proceso de absorción. Dende a CIG reivindicouse a necesidade de negociar un protocolo que garanta o emprego, así como un plan de prexubilacións para afrontar do xeito menos traumático os posíbeis axustes de persoal.
28/12/2011 Ante as declaracións realizadas neste sentido dende a Cámara de Comercio e o Goberno municipal
A Federación de Banca da CIG de Ferrol amosou o seu totalmente rexeitamento a calquera plano de viabilidade para a Feira Internacional de Mostras do Noroeste (FIMO) baseado no despedimento dos actuais traballadores e traballadoras do recinto feiral. Neste senso, dende a Federación solicitaron dos partidos políticos un posicionamento claro contra a destrución de emprego nesta entidade e a potenciación das actividades en FIMO.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com