marco
Artigos de opinión
Razóns pra unha folga
07/09/2010Manuel Mera
Sen dúbida algunha hai motivos abondo pra que a clase traballadora vaia á folga o vindeiro 29 de setembro, xa que tanto as últimas medidas de aum...
Motivos para a folga xeral
02/09/2010Vicenç Navarro
É importante que se entenda e se coñeza que estivo ocorrendo na Unión Europea durante estes últimos anos (e non me refiro só ao que pasou desde...
A folga xeral non é unha opción, é unha necesidade
01/09/2010Paula Castro
A adopción de toda unha serie de medidas en materia económica profundamente regresivas, tanto polas súas graves repercusións sociais como polo s...
A xente guapa e postmoderna
01/09/2010Silvia Bermúdez Pérez
Non queren atopar a verdade nos feitos, e o único que desexan é impresionar coa súa verborrea presuntuosa para gañarse ao público...
O problema agochado
24/08/2010Manuel Mera
A cuestión demográfica non se pode ignorar, non se trata de recuperar os preconceitos de Malthus, porén o certo é que o ecosistema xa amosa as s...
500 millóns de euros, 120 latidos
24/08/2010Silvia Bermúdez Pérez
Banca Banca
30/6/2010 CIG-Banca alerta que a negociación laboral estará condicionada polas reformas decretadas polo goberno
2010 06 22 concentración cig-banca vigo banesto caixanova3
A CIG-Banca rexeitou a actitude que están a manter Caixa Galicia e Caixanova nas xuntanzas coa representación sindical, pois ambas entidades teiman en manter a súa actitude opaca, negándose a achegar documentación concreta sobre o impacto laboral que terá a fusión. A Federación, que sospeita que as caixas pretenden adiar a negociación laboral até ter pechada a venda das oficinas, ampliou a denuncia presentada o pasado 21 de xuño na Inspección de Traballo. Así mesmo, a CIG-Banca advertiu que todo o proceso de negociación estará marcado polos reaxustes decretados dende o goberno estatal, que afectarán especialmente ás xubilacións anticipadas e prexubilacións.
25/6/2010 A Federación renovou a súa executiva no congreso celebrado este xoves
2010 06 25 congreso comarcal CIG-Banca Vigo1
A Federación da Banca, Aforro, Seguros, Oficinas e Telemárketing da Confederación Intersindical Galega de Vigo renovou a súa executiva no congreso celebrado este xoves. O novo secretario comarcal é Luciano Luxilde, que encabezaba a única lista que concorreu.
22/6/2010 Tamén se concentraron na sede de Banesto para denunciar despidos e horas extras a pesar das axudas estatais
2010 06 22 concentración cig-banca vigo banesto caixanova1
Arredor dun cento de delegados e delegadas da CIG-Banca realizaron dúas concentracións de protesta este martes 22 en Vigo para, por unha banda, reclamar un plan de futuro negociado nas caixas de aforro galegas en proceso de fusión e, pola outra, denunciar os despedimentos que está a realizar Banesto a pesar das axudas estatais recibidas nos últimos meses.
17/6/2010 A Federación de Banca da CIG denuncia que as empresas do sector pretender ser as primeiras en aplicar os recortes
Cartaz Eleccións sindicais Unisono Vigo
A patronal de telemárketing anunciou que quere suspender a reunión da mesa negociadora do Convenio Colectivo prevista para o venres 18 de xuño, á espera de que o Goberno do PSOE consiga aprobar a reforma laboral. Dende a CIG-Banca reclaman que se manteña a xuntanza pois “non é xusto que as empresas pretendan hipotecar a negociación das nosa condicións laborais á aprobación dunha reforma laboral lesiva para os nosos intereses”.
17/6/2010 CIG-Banca denuncia a opacidade coa que as entidades están a desenvolver o proceso de fusión
CaixaNova Caixa Galicia
A opacidade e desprezo por parte das direccións de Caixa Galicia e Caixanova, que se negan a abrir un proceso de negociación sobre o impacto laboral da fusión e transmiten informacións sesgadas e incompletas sobre o mesmo, fan preciso dar un paso adiante polo que a CIG-Banca vén de convocar unha concentración de delegados/as o vindeiro día 22 de xuño na central de Caixanova en Vigo.
15/6/2010 As entidades, que aínda non fixaron o calendario para a negociación laboral, barallan un recorte de persoal de máis de 1.200 traballadores/as
CaixaNova de Galiza
O 14 de xuño os departamentos de Recursos Humanos de Caixa Galicia e Caixanova, as dúas consultoras contratadas (Deloitte e Princewater) e máis os dous despachos de avogados externos contratados para asesorar ás entidades en materia laboral, presentaron á representación sindical o plan de viabilidade que será remitido ao Banco de España. Non obstante, a CIG considera insuficiente a información achegada, xa que non se especifica o número exacto de traballadores/as que se verán afectados/as polo proceso de fusión, cantos poderán acollerse a prexubilacións ou cantas oficinas en total van pechar e/ou vender, ademais de non estabelecer un calendario para a negociación laboral, que previsibelmente quedará fixado para pleno período estival.