Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
Artigos de opinión
Acordo para o emprego e a negociación colectiva: Recorte salarial e laboral, sen contrapartidas
10/02/2012Antonio Antón
O Acordo para o emprego e a negociación colectiva (AENC), asinado recentemente pola patronal CEOE-Cepyme e as direccións de CCOO e UGT, para o per...
A «via diplomática» da UE
10/02/2012Inês Zuber
Hoje, no Irão, é o pretenso perigo de desenvolvimento de armas nucleares – nunca confirmado pela Agência Internacional de Energia Atómica – ...
O fracaso dos recortes
09/02/2012Vicenç Navarro
Por fin comeza a percibirse que algo non funciona cos recortes. Mesmo os neoliberais comezan a dicir que tales recortes teñen que ir acompañados d...
Como os bancos romperam o contrato social ao promoverem os seus interesses particulares
09/02/2012Michael Hudson
A banca alterou-se de tal forma desde os tempos em que financiava o crescimento industrial e o desenvolvimento económico que agora beneficia sobret...
Estado español: A contrarreforma laboral que prepara o goberno do Partido Popular
08/02/2012Vidal Aragonés
Aínda que a totalidade das medidas [da reforma laboral prevista] son un desenvolvemento do xa iniciado na última etapa do Goberno de Zapatero, sup...
Nova traizón á clase traballadora
07/02/2012Xabier Pérez Igrexas
asembleas
9/2/2012 Nas máis de 100 sentenzas xa ditadas ratifícase que os contratos de SEAGA están en fraude de lei e recoñécese o carácter de fixo descontinuo
Traballadores e traballadoras de SEAGA participaron esta mañá nunha asamblea aberta, na praza da Quintana, para avaliar o resultado das demandas presentadas, valorar a situación derivada das sentenzas xa ditadas e debater sobre as medidas de presión a adoptar para regularizar a súa situación. O persoal de Seaga no seu conxunto, acordou exixir o inicio da precampaña a través desta empresa pública no mes de marzo, tendo en conta as especialmente adversas condicións climatolóxicas que se veñen dando este ano. Ao remate da asemblea, saíron en manifestación e remataron en San Caetano, ante a consellaría de Mar e Medio Rural.
12/1/2012 Suso Seixo chamou en Vigo á mobilización por un novo modelo máis xusto e solidario e adiantou a posibilidade de convocar unha nova folga xeral antes do 10 de marzo, Día da Clase Obreira Galega
Centos e centos de delegados e delegadas da Confederación Intersindical Galega saíron hoxe á rúa en todo o país para amosar o seu rexeitamento ás medidas adoptadas polo Partido Popular nada máis acceder ao Goberno español porque volven cargar o peso da crise sobre a clase traballadora. O secretario xeral da central nacionalista, Suso Seixo, fixo en Vigo un chamamento á mobilización para conquistar un modelo económico e social máis xusto e solidario e adiantou a posibilidade de convocar unha nova folga xeral antes do 10 de marzo, data na que se celebra o Día da Clase Obreira Galega.
8/9/2010 Coa mobilización, enmarcada nos actos previos á folga xeral, quérese amosar tamén o rexeitamento á reforma laboral que mañá será ratificada no Congreso
A CIG, dentro do calendario de mobilizacións organizadas para preparar a folga xeral do 29 de setembro, realizou esta mañá asembleas de delegados/as e concentracións nas sete cidades galegas en contra da ratificación definitiva da reforma laboral, que terá lugar o xoves día 9 no Congreso dos Deputados. Desta volta, os delegados e delegadas da central sindical desenvolveron peches simbólicos en diferentes entidades bancarias do País co obxecto de denunciar aos verdadeiros culpábeis desta crise e visibilizar a necesidade de saír desta conxuntura encamiñados cara a un novo modelo económico, social e político.
26/2/2010 Puxo en coñecemento de Inspección de Traballo estes feitos e continuará a realizar asembleas a próxima semana malia estes atrancos
O venres 26 de febreiro comezaba a quenda das asembleas nos centros de traballo do naval, sendo a primeira destas reunións no estaleiro de Vulcano. Nesta asemblea, como nas seguintes, desde a CIG-Metal estase a informar da actual situación do sector e do contido do acordo asinado pola patronal, CCOO e UGT para suprimir a bolsa de emprego. A postura unánime dos estaleiros está a de considerar a través de respostas por escrito que a CIG “non está lexitimada” para facer asembleas .
6/10/2009 Celebradas en A Coruña, Compostela e Ferrol para dar a coñecer a situación da negociación do convenio
As asembleas de persoal do Comercio de Alimentación celebradas na noitiña do 5 de outubro na Coruña, Compostela e Ferrol lograron congregar, entre as tres, preto de 500 empregados do sector. Os sindicatos convocantes informaron do bloqueo da negociación do convenio provincial.
5/10/2009 O luns 5 de outubro para debater a situación da negociación do convenio
O 5 de outubro os traballadores e traballadoras do Comercio de Alimentación da provincia da Coruña están convocados a asembleas en Compostela, Ferrol e na cidade herculina para debater acerca da situación da negociación do convenio, bloqueada por mor das propostas regresivas dos empresarios.
31/7/2009 O sector de Transportes da central lembra que non se recollen melloras nas principais reivindicacións
O pasado mércores 29 de xullo, CCOO e UGT chegaban a un acordo coa patronal do sector das ambulancias para asinar o novo convenio colectivo. Preacordo que a CIG, sindicato maioritario, non asinou ao non producírense avances en cuestión irrenunciábeis para a central como a terceira paga extraordinaria completa en 2010, IT do 100%, a compensación dos axudantes e padioleiros e a regulación da xornada laboral.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com