Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
Artigos de opinión
Acordo para o emprego e a negociación colectiva: Recorte salarial e laboral, sen contrapartidas
10/02/2012Antonio Antón
O Acordo para o emprego e a negociación colectiva (AENC), asinado recentemente pola patronal CEOE-Cepyme e as direccións de CCOO e UGT, para o per...
A «via diplomática» da UE
10/02/2012Inês Zuber
Hoje, no Irão, é o pretenso perigo de desenvolvimento de armas nucleares – nunca confirmado pela Agência Internacional de Energia Atómica – ...
O fracaso dos recortes
09/02/2012Vicenç Navarro
Por fin comeza a percibirse que algo non funciona cos recortes. Mesmo os neoliberais comezan a dicir que tales recortes teñen que ir acompañados d...
Como os bancos romperam o contrato social ao promoverem os seus interesses particulares
09/02/2012Michael Hudson
A banca alterou-se de tal forma desde os tempos em que financiava o crescimento industrial e o desenvolvimento económico que agora beneficia sobret...
Estado español: A contrarreforma laboral que prepara o goberno do Partido Popular
08/02/2012Vidal Aragonés
Aínda que a totalidade das medidas [da reforma laboral prevista] son un desenvolvemento do xa iniciado na última etapa do Goberno de Zapatero, sup...
Nova traizón á clase traballadora
07/02/2012Xabier Pérez Igrexas
conxelación salarial
24/1/2012 Este recorte dos salarios non se basea na situación do sector senón que responde ao Acordo Interconfederal asinado recentemente pola patronal e os sindicatos españois
A CIG-Banca vén de rexeitar, novamente, a conxelación salarial prevista para os vindeiros catro anos no preacordo do convenio estatal de caixas, que suporá unha perda do poder adquisitivo de entre o 8 e o 10%. A este respecto, a Federación da CIG puntualiza que esta conxelación e recorte salarial non se basea na situación do sector senón que responde ao Acordo Interconfederal asinado recentemente por CCOO, UGT, CEOE e CEPYME.
30/12/2011 O Goberno español obriga así á Xunta de Galiza a modificar os orzamentos que acaba de aprobar
Esta mañá celebrábase en Madrid a Mesa Xeral da Función Pública, na que se informaba ás/aos representantes sindicais da decisión do goberno do PP de conxelar os salarios do persoal das administracións públicas e de decretar unha taxa de reposición do 0%. Para a CIG, ambas as dúas decisións son inadmisíbeis. No primeiro caso, porque supón un recorte salarial que se suma aos xa padecidos nos últimos anos. No segundo caso, porque vai afectar ao funcionamento das administracións, á calidade dos servizos públicos e porque abre as portas a que estas recorran ás ETTs para suplir o persoal daqueles servizos que non se poidan atender ao careceren do persoal necesario.
18/10/2011 A representación do persoal desminte as afirmacións do Conselleiro de Industria nas que asegurou que a Xunta outorgaría 8 millóns de euros á empresa
Os Comités das instalacións que o Grupo Einsa ten en Pontedeume e As Pontes iniciarán o xoves 20 de outubro as negociacións co mediador da Inspección de Traballo, Benigno Moure, de cara a buscar puntos de encontro entre traballadores/as e dirección para o ERE suspensivo, co que se pretenden evitar 40 novos despedimentos. Así, tras o fracaso do plano de negociación, agora os encontros co mediador realizaranse por separado entre empresa e Comités.
17/10/2011 Oponse á desaparición da oferta de emprego público e ao mantemento da taxa de reposición no 10%
A área pública da CIG (Administración, Ensino e Sanidade) vén de manifestar o seu rotundo rexeitamento á proposta presentada este luns na Mesa Xeral da Función Pública de Galiza, no relativo a retribucións e reposición de efectivos do persoal da administración. A proposta de orzamentos para o 2012 consolida os recortes nas retribucións das traballadoras e traballadores públicos, conxelan as ofertas de emprego público e limitan a taxa de reposición ao 10%. Isto significa que de cada 100 empregados/as que se xubilen ou causen baixa, a administración só vai cubrir 10 postos e unicamente cando se considere que esa praza é esencial para cubrir o servizo. Denuncian que “continuamos a estar  diante dunha desaparición dos servizos públicos”.
1/4/2011 Os traballadores/as rexeitan a conxelación das retribucións para os próximos dous anos que pretende impor a empresa
Os traballadores e traballadoras de Albada, empresa concesionaria do servizo municipal de tratamento de lixo na planta de Nostián, concentráronse esta mañá diante do Concello da Coruña en demanda da negociación dun novo convenio que recolla melloras salariais e sociais. O persoal está desenvolvendo un calendario de mobilizacións para instar á empresa a negociar, entre o que incluíu a convocatoria de folga indefinida a partir do 24 de abril.
15/2/2011 Os traballadores/as denuncian a falta de vontade negociadora da empresa para buscar unha alternativa á redución de persoal
O persoal de Einsa nas factorías de Andrade (Pontedeume) e As Pontes está desenvolvendo dende ás 07:00 horas deste martes unha folga de 24 horas, en defensa dos empregos e a prol da continuidade da actividade nos dous centros de traballo da empresa de artes gráficas. O paro, que está a resultar un éxito ao rexistrar un 100% de seguimento, foi convocado logo de que a dirección executase os despedimentos e diante da continuada negativa a estudar calquera das alternativas propostas polos Comités.
7/2/2011 A empresa pretende sanear as súas contas reducindo traballadores/as e conxelando os salarios durante os próximos anos
Os traballadores e as traballadoras de Einsa en Andrade e As Pontes, que esta fin de semana realizaron un peche no Concello de Pontedeume, continuarán adiante coas mobilizacións na defensa dos empregos e das condicións laborais, diante da negativa da dirección a aceptar ningunha das propostas presentadas polos Comités e que evitarían os despedimentos e as rebaixas salariais que pretende a dirección.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com