Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
Artigos de opinión
Acordo para o emprego e a negociación colectiva: Recorte salarial e laboral, sen contrapartidas
10/02/2012Antonio Antón
O Acordo para o emprego e a negociación colectiva (AENC), asinado recentemente pola patronal CEOE-Cepyme e as direccións de CCOO e UGT, para o per...
A «via diplomática» da UE
10/02/2012Inês Zuber
Hoje, no Irão, é o pretenso perigo de desenvolvimento de armas nucleares – nunca confirmado pela Agência Internacional de Energia Atómica – ...
O fracaso dos recortes
09/02/2012Vicenç Navarro
Por fin comeza a percibirse que algo non funciona cos recortes. Mesmo os neoliberais comezan a dicir que tales recortes teñen que ir acompañados d...
Como os bancos romperam o contrato social ao promoverem os seus interesses particulares
09/02/2012Michael Hudson
A banca alterou-se de tal forma desde os tempos em que financiava o crescimento industrial e o desenvolvimento económico que agora beneficia sobret...
Estado español: A contrarreforma laboral que prepara o goberno do Partido Popular
08/02/2012Vidal Aragonés
Aínda que a totalidade das medidas [da reforma laboral prevista] son un desenvolvemento do xa iniciado na última etapa do Goberno de Zapatero, sup...
Nova traizón á clase traballadora
07/02/2012Xabier Pérez Igrexas
Día da Muller Traballadora
8/3/2011 A CIG desenvolve mobilizacións en Pontevedra, Lugo, Compostela, A Coruña e Ferrol con motivo da celebración do Día da Muller Traballadora
Se nestes momentos se aplicara a totalidade da reforma das pensións recollida no pacto social, só o 23% das mulleres traballadoras que se xubilan en Galiza aos 65 anos terían dereito a percibir o 100% da prestación, fronte ao 71% dos homes que a esa idade conseguiron cotizar 38.5 anos. Así o revela o informe sobre a situación sociolaboral da muller na Galiza que a CIG vén de presentar con motivo da celebración do 8 de Marzo, Día da Muller Traballadora. Ademais, as Unións Comarcais de Pontevedra, Lugo, Compostela, A Coruña e Ferrol realizaron concentracións para denunciar os recortes aplicados polos gobernos, que prexudican de xeito especial ás mulleres traballadoras.
4/3/2011 A Secretaría da Muller denuncia os profundos recortes levados a cabo no último ano polos gobernos nas políticas de igualdade
A Secretaría da Muller da CIG celebrou este venres o acto de entrega do V Premio 8 de Marzo, que foi outorgado á traballadora de Autobuses de Calo (Hedegasa), Nélida Pisco, pola dura batalla que nos últimos dous anos vén desenvolvendo polo seu dereito a conciliar a vida laboral e familiar. “A loita de Nélida é un verdadeiro exemplo de coraxe e superación. É a loita dunha nai, dunha traballadora comprometida, que en ningún momento, a pesares das dificultades, foi quen de renunciar ao seu dereito de compatibilizar a súa maternidade co seu posto de traballo”, subliñaba a Secretaria de Organización da CIG durante o acto.
4/3/2011 A Secretaría da Muller da CIG advirte que as altas taxas de temporalidade e os baixos salarios dificultarán o dereito a cobrar o 100% das prestacións, mesmo traballando até os 67 anos
Se nestes momentos se aplicara a totalidade da reforma das pensións recollida no pacto social, só o 23% das mulleres traballadoras que se xubilan en Galiza aos 65 anos terían dereito a percibir o 100% da prestación, fronte ao 71% dos homes que a esa idade conseguiron cotizar 38.5 anos. Así o revela o informe sobre a situación sociolaboral da muller na Galiza que a CIG vén de presentar con motivo da celebración do 8 de Marzo, Día da Muller Traballadora. Este ano, a Secretaría da Muller ten posto en marcha unha campaña para denunciar as consecuencias dos recortes de dereitos e prestacións que dende os gobernos se están a aplicar, e que afectan especialmente ao colectivo de mulleres traballadoras.
6/3/2009 As traballadoras da antiga Valeo e da Conserveira Pérez Lafuente recibiron unha mención especial pola súa continuada loita
A Secretaría da Muller da CIG vén de conceder o premio do Día da Muller Traballadora, na súa III Edición, á presidenta do Comité de Empresa de Lorenzo Froiz, Lucía Freire, vítima de represión sindical e quen se tivo que enfrontar a unha querela criminal presentada pola empresa, acusándoa de falsa testemuña ao declarar a favor dunha compañeira que fora sancionada. O premio foi entregado pola secretaria de Muller, María do Carme López Santamariña, nun acto no que tamén recibiron unha especial mención pola súa loita e valentía o conxunto das traballadoras da antiga Valeo e da Conserveira Pérez Lafuente. Vídeo no interior da nova. 
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com