Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
Artigos de opinión
Acordo para o emprego e a negociación colectiva: Recorte salarial e laboral, sen contrapartidas
10/02/2012Antonio Antón
O Acordo para o emprego e a negociación colectiva (AENC), asinado recentemente pola patronal CEOE-Cepyme e as direccións de CCOO e UGT, para o per...
A «via diplomática» da UE
10/02/2012Inês Zuber
Hoje, no Irão, é o pretenso perigo de desenvolvimento de armas nucleares – nunca confirmado pela Agência Internacional de Energia Atómica – ...
O fracaso dos recortes
09/02/2012Vicenç Navarro
Por fin comeza a percibirse que algo non funciona cos recortes. Mesmo os neoliberais comezan a dicir que tales recortes teñen que ir acompañados d...
Como os bancos romperam o contrato social ao promoverem os seus interesses particulares
09/02/2012Michael Hudson
A banca alterou-se de tal forma desde os tempos em que financiava o crescimento industrial e o desenvolvimento económico que agora beneficia sobret...
Estado español: A contrarreforma laboral que prepara o goberno do Partido Popular
08/02/2012Vidal Aragonés
Aínda que a totalidade das medidas [da reforma laboral prevista] son un desenvolvemento do xa iniciado na última etapa do Goberno de Zapatero, sup...
Nova traizón á clase traballadora
07/02/2012Xabier Pérez Igrexas
Día da Clase Obreira Galega
10/3/2011 A central chama a continuar na loita pola defensa do emprego, uns salarios e pensións dignas e dar a batalla por un cambio de modelo económico e social
Con motivo da conmemoración do 10 de Marzo, Día da Clase Obreira Galega, data na que se lembra o asasinato a mans da policía de Amador Rei e Daniel Niebla, operarios da antiga Bazán, no ano 1972, miles de persoas participaron nas manifestacións convocadas pola CIG nas cidades de Ferrol e Vigo. Nesta ocasión as protestas estiveron centradas na denuncia do pacto económico e social asinado en Madrid polo goberno, a patronal, CCOO e UGT, e nomeadamente contra da reforma das pensións e a negociación colectiva.
7/3/2011 As mobilizacións sairán ás 20:00 horas dende a Avenida do Esteiro e dende a viguesa Vía Norte
A CIG presentou este luns os actos que vai desenvolver con motivo da conmemoración o vindeiro xoves do “10 de Marzo, Día da Clase Obreira Galega”, data na que se lembra o asasinato a mans da policía de Amador Rei e Daniel Niebla, operarios da antiga Bazán, no ano 1972. As manifestacións desenvolveranse en Ferrol e Vigo, nesta ocasión nucleadas en contra do pacto económico e social asinado en Madrid polo goberno, a patronal e CCOO e UGT, e nomeadamente contra da reforma das pensións e a negociación colectiva. A Confederación outorgou carácter nacional á marcha de Ferrol, que sairá ás 20:00 horas dende a Avenida do Esteiro (diante dos locais do sindicato), mentres que a mobilización de Vigo partirá da Vía Norte á mesma hora.
10/3/2010 “O emprego, os salarios e as pensións deféndese loitando”
A Confederación Intersindical Galega celebrou o 10 de Marzo, Día da Clase Obreira Galega, con manifestacións en toda Galiza en defensa do emprego, dos salarios e das pensións, ameazados hoxe como consecuencia da crise económica e das políticas neoliberais que se están a promover desde os gobernos. Arredor de 20.000 persoas manifestáronse coa CIG, nas sete cidades, baixo o lema "O emprego, os salarios e as pensións deféndense loitando".
3/3/2010 Baixo o lema “O emprego, os salarios e as pensións deféndense loitando”
Diante das alternativas que se están a barallar por parte dos gobernos central e galego para atallar a crise económica, “a conta dun sacrificio enorme por parte da maioría social, que son os traballadores/as, mentres que aqueles que a provocaron van saír de rositas”, a CIG acordou darlle un carácter máis mobilizador a este 10 de marzo, Día da Clase Obreira Galega. Por iso, este ano convocará manifestacións nas sete cidades do país baixo o lema “O emprego, os salarios e as pensións deféndese loitando”. Ademais, celebrará, por cuarto ano consecutivo, o Premio do Día da Clase Obreira Galega, nun acto que terá lugar, en Compostela, o día 9 de marzo.
7/3/2009 A central comarcal organiza unha gran manifestación no Día da Clase Obreira Galega
O Secretario comarcal da CIG de Ferrol, Xesús Anxo López Pintos, e o secretario de organización, Fran Cartelle, ofreceron unha rolda de prensa o venres 6 de marzo para anunciar os actos que a central ten previsto levar a cabo con motivo do Día da Clase Obreira Galega. Pintos apuntou que as mobilizacións do martes 10 “deben ser o punto de partida” dun gran movemento da clase obreira, reclamou o cambio do modelo neoliberal, e demandou a creación dunha banca pública galega.
7/3/2009 A central desenvolverá, con motivo do Día da Clase Obreira Galega, mobilizacións en todas as comarcas
“En defensa do emprego e as prestación sociais” será o lema baixo o que a CIG vai desenvolver este ano a campaña do Día da Clase Obreira Galega. O vindeiro 10 de marzo a central convoca aos traballadores e traballadoras a participar nas concentración e manifestacións organizadas en cada unha das comarcas na defensa dos postos de traballo. Ademais, o 11 de Marzo farase entrega en Compostela do premio co que a central quere recoñecer publicamente aquela loita dos traballadores e traballadoras que sobresaíra durante o ano anterior polas súas características e por servir de exemplo para o futuro. Desta volta as reivindicacións céntranse nos dous temas prioritarios que máis preocupan á clase traballadora neste momento: a caída do emprego e a garantía das prestacións sociais. O Secretario Xeral da CIG, Suso Seixo, referiuse neste senso ás elevadas taxas de destrución de emprego que se veñen rexistrando nos últimos meses na Galiza, e que afectaron fundamentalmente ás contratacións temporais.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com