15/5/2012
O Comité de Traballo e Benestar denuncia o desmantelamento e progresiva privatización dos centros da Consellaría
O Comité de Traballo e Benestar da Coruña desenvolveu este martes unha nova xornada de mobilizacións en defensa dos servizos sociais, das condicións laborais e contra as amortizacións de postos de traballo. Desta volta, as concentracións realizáronse en Ferrol, diante das Escolas Infantís Virxe de Chamorro e Catabois.
3/5/2012
FESAN, empresa vinculada co Opus Dei, levarase o 50%, o resto é para Promoción de la Formación Las Palmas S.L.
O Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar formaliza a xestión
privada de varias escolas integradas na Rede Galega de Escolas Ingantís. En
concreto trátase da xestión da atención educativa da escola infantil de
Pontevedra-Monte Porreiro, de Betanzos, de Carballo-A Braña e do Pino. Así
figura no DOG 30/04/2012. Para
CIG-Administración este é “outro claro exemplo de austeridade hipócrita”.
2/4/2012
A dirección de dúas escolas infantís de Ferrol esixiu aos/ás pais/nais xustificación documental para poder levar aos nenos/as durante a semana santa
A Xunta mantén abertas e con todo o seu cadro de persoal as Escolas Infantís Virxe de Chamorro e Catabois, a pesar de non ter nenos aos que darlle servizo, incumprindo así o V Convenio Colectivo de persoal e ocasionando uns gastos innecesarios de funcionamento das instalacións, segundo denuncian dende a CIG-Administración Autonómica de Ferrol.
9/3/2012
Persoal, delegados/as da CIG, pais e nais concentráronse diante da Escola Infantil
Traballadoras e traballadores, delegados/as da CIG e pais e nai participaron este venres na concentración celebrada na Escola Infantil de Ortigueira para reivindicar do Consorcio a aplicación do convenio único de persoal laboral da Xunta, o mantemento do carácter público do ente e os servizos que presta e a estabilidade do seu persoal. Ao remate da mesma tivo lugar unha asemblea.
29/2/2012
Poderanse presentar as solicitudes para os centros, que no vindeiro curso aplicarán unha suba considerábel das taxas, até o 31 de marzo
A Secretaría da Muller da CIG informa de que se vén de abrir o prazo de preinscripción nas Escolas Infantís 0-3 anos, dependentes da Consellaría de Traballo e Benestar e do Consorio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar (Rede "Galiñas Azuis"), nas que xa se aplicarán os novos prezos estabelecidos pola Xunta para as garderías, que no caso dalgúns servizos, como o de comedor, mesmo chegan a duplicar o custe actual.
17/2/2012
A protesta enmárcase no calendario de mobilizacións acordado pola asemblea de traballadores e traballadoras
Persoal do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e pais e nais afectadas concentráronse na tarde do xoves diante da Escola Infantil de Eirís (A Coruña) para demandar da Xunta de Galiza que aplique dunha vez o convenio para todos os traballadores e traballadoras do Consorcio, garantías do mantemento dos empregos, así como rexeitar a decisión de privatizar os centros “Galiña Azul” de nova apertura.
26/1/2012
O prezo pola atención educativa pasa dun máximo de 110 e 160 euros e deixarán de ser acumulábeis os descontos por circunstancias familiares particulares
O mércores 25 de xaneiro, publicáronse no DOG as novas taxas que a Xunta de Galiza vén de aprobar para as escolas infantís, que suporán un incremento moi por riba do 19% anunciado polo presidente Feijoo. De feito, nalgúns servizos, como o de comedor, a taxa actual chega a duplicarse.