31/1/2012
A CIG Ensino denuncia que a consellaría non efectuou o pagamento da totalidade dos proxectos de fomento do uso do galego
A CIG
Ensino vén de denunciar que a Consellaría de Educación aínda
non realizou o pagamento da totalidade das axudas concedidas a centros públicos
para a realización de proxectos de fomento do uso do galego, correspondentes ao
curso 2010-2011, e esixe o inmediato pagamento.
26/1/2012
Pola vía orzamentaria esta orde impide a realización de actividades de normalización durante todo o primeiro trimestre de curso
A CIG Ensino
denuncia que a Consellaría de Educación se reafirma na supresión progresiva da
normalización lingüística nos centros educativos. A convocatoria de axudas a
centros público para a realización de proxectos de fomento do uso do galego,
promovidos polos equipos de dinamización lingüística e polo profesorado
responsable do proxecto naqueles centros de ensino de menos de tres unidades,
durante o curso escolar 2011-2012, sofre unha redución orzamentaria do 69%
respecto da convocatoria dos cursos 2009-2010 e 2010-2011 e do 75% respecto do curso
2008-2009.
20/1/2012
CIG-Ensino denuncia os recortes en formación do profesorado e a actitude ditatorial e galegófoba do director xeral
A CIG Ensino denuncia que o
servizo de asistencia xurídica do que a Consellaría fixo alarde estes días
pasados non só é unha privatización senón tamén unha “burla” ao profesorado ao “ultralimitar”
a súa eficacia, impedindo consultas que non lle interesen á Xunta de Galiza. Considera
que se vai destinar diñeiro público a un servizo que debería prestar a propia
consellaría que “nin nos vai atender entendo a nosa especificidade”. Alén diso,
a CIG-Ensino denuncia que na Mesa Sectorial celebrada este xoves constatouse
que Educación pretende utilizar dúas ordes relacionadas coa formación do
profesorado para reconducila segundo os principios ideolóxicos do PP.
16/1/2012
Diminúe un 22% os cursos que programa de xeito directo, deixando 11 localidades sen garantía de oferta
A CIG Ensino denuncia un novo
ataque ao noso idioma por parte da Consellaría de Educación. A convocatoria de
cursos de lingua galega preparatorios
para as probas dos niveis Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4 redúcese
drasticamente respecto da convocatoria do pasado ano, deixando a 11 localidades
sen garantía de oferta.
11/1/2012
Considera que é unha provocación e un escándalo ante os continuos recortes que está a sufrir o ensino público
Mentres
as políticas de recortes en persoal e recursos, impostas pola Consellaría de
Educación, son o día a día do Ensino público, a privada concertada ve
incrementados os seus recursos cunha asignación extraordinaria que este ano se
incrementa en máis dun 37% respecto da do ano pasado. Para a
CIG-Ensino, o feito de que a Consellaría
de Educación convoque este tipo de subvencións, que veñen incrementar os fondos
destinados ao ensino privado, é unha provocación e un escándalo ante os
continuos recortes que está a sufrir o ensino público.
4/1/2012
Alerta de que vai supor “unha grave involución” para a Cultura galega
A CIG-Ensino considera que é un “despropósito”
o nomeamento de Jesús Vázquez como conselleiro de Educación e Cultura. O
secretario nacional de CIG-Ensino, Anxo Louzao, alerta da “grave involución”, que
suporá para a Cultura galega dados os antecedentes que ten á fronte da
consellaría de Educación e lamenta que se lle dea este "premio" como consolación
por non ter conseguido un posto en Madrid que, afirma, “é ao que realmente
aspiraba”.
28/12/2011
Restan 15.000 euros, que queren reunir até o 31 de decembro
Sermos Galiza, a iniciativa social que impulsiona a creación dun
diario dixital e dun semanario en papel, e que acordou apoiar a CIG, está a
completar o proceso de capitalización. Restan apenas 15.000 euros para alcanzar
o obxectivo previsto de 300.000 euros de capital social, obxectivo que se quere
lograr antes do 31 de decembro. Sermos Galiza prevé a constitución da sociedade no mes de xaneiro de 2012 e
o comezo da actividade no Primero trimestre do próximo ano.