Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
Artigos de opinión
Um apontamento a respeito da nova Lei Galega da Função Pública, denominada: Lei do Emprego Público en Galiza
15/05/2013Alexandre Banhos Campo
A lei, é em desenvolvimento do EBEP, Lei 7/07. A quem se aplica: 1- À administração autonómica da Galiza e aos organismos autónomos...
Estado español: Unha visión distinta da orixe do paro
14/05/2013Joaquín Juan Albalate e Jesús Matamala Bacardit
Por riba de todo, se existen persoas en paro, é porque non se crea o suficiente número de postos de traballo para cubrir unha determinada demanda ...
Dereitos contra economía?
13/05/2013Albert Recio Andreu
A decisión do Tribunal Supremo portugués de declarar inconstitucional o recorte de salarios aos funcionarios volveu pór na palestra o debate entr...
Ventos de guerra...
13/05/2013Ângelo Alves
Os ataques contra a Síria são mais um elemento de uma campanha permanente de provocação de Israel contra os seus vizinhos. São. Mas são mais q...
Javier Diez Canseco in memoriam
13/05/2013Xurxo Martiz Crespo
Javier Diez Canseco (Lima, 1948-2013) morreu en Lima de cancro o pasado 4 de maio. Perú é  unha sociedade fraccionada por unha loita de clase...
Europa: O caminho mais perigoso
07/05/2013Flávio Aguiar
Pescanova: un caso illado?
07/05/2013Albert Recio Andreu
Construción Construción
5/4/2013 Dende a central nacionalista denuncian a falta de coordinación en materia de ricos laborais entre as empresas contratistas
A CIG reclámalle á Inspección de Traballo que paralice temporalmente as obras de construción da liña ferroviaria de Alta Velocidade en Ourense tras tres accidentes en dous días -un deles cunha vítima mortal- até que non se garanta a seguridade e integridade dos operarios/as. Dende a central nacionalista denuncian as condicións de insalubridade na que estes desenvolven o seu labor “en xornadas nas que os descansos e a turnicidade non cumpren coas xornadas diarias nin semanais”.
2/4/2013 Reclaman un control efectivo da Inspección para evitar que a presión sobre os operarios/as provoque “situacións extremas de perigo”
A CIG manifesta o seu pesar e trasládalle as súas condolencias os familiares do traballador da empresa Vías e Construcións falecido durante a xornada nocturna do luns nas obras do AVE na estrada de Vilar de Barrio a Laza, en Ourense. Ao mesmo tempo, dende a central nacionalista denuncian que a falta de medidas de seguridade e a presión que se exerce sobre os operarios/as “están a provocar situación extremas de perigo” e reclaman un control efectivo por parte da Inspección de Traballo.
5/3/2013 O propietario de Azkar non quixo recibir ao grupo de afectadas e afectados
Unha xornada máis, as extraballadoras e extraballadores do Grupo Empresas Álvarez de Pontevedra tiveron que trasladarse até a sede da inmobiliaria do Grupo Azkar, Inversiones Subel, para reclamar o pagamento das contías correspondentes á venda dos terreos que a antiga fábrica de porcelana ocupaba en Coruxo e Cabral. O grupo de afectadas/os, xa advertiu que realizará todas as protestas que sexan necesarias até chegar a unha solución satisfactoria, nun conflito que xa se prolonga dende hai case doce anos.
8/2/2013 A central retomará as protestas nas obras públicas no caso de que non se convoquen as comisións de seguimento das condicións laborais
Dende o inicio da crise destruíronse no sector da construción en Galiza un total de 54.945 postos de traballo asalariado, o 50,64% dos existentes no ano 2007 (106.945). Na provincia de Pontevedra a destrución de emprego foi maior: si no ano 2007 había 36.929 traballadores/as asalariados, agora, segundo datos da Seguridade Social, hai 16.336 afiliados/as. Isto é, 20.543 menos, o que significa a destrución do 55,76% dos existentes en 2007 (36.929).
1/2/2013 O persoal atopouse este luns coas portas das oficinas cerradas e as pechaduras cambiadas
Os traballadores de Estruturas y Obras de Galicia (ESOGA) denunciaron publicamente este venres a situación de total indefensión na que se atopan tras a “desaparición” do administración único da empresa, sen comunicarlles o peche da mesma, sen entregarlle as cartas de despedimento e debéndolle os salarios dos dous últimos meses.
23/1/2013 Un grupo de afectadas/os mantivo unha concentración na se da inmobiliaria do grupo de transportes que se prolongou durante algo máis de seis horas
Tras cinco horas de protestas e unha hora máis de discusión co até agora propietario do Grupo Azkar, as ex traballadoras e traballadores de Álvarez regresaban a Pontevedra tirando o compromiso da empresa de que manterá unha xuntanza para avaliar unha saída ao conflito, mais coa negativa a abonar un adianto das contías adebedadas pola venda dos terreos da antiga GEA en Coruxo e Cabral.
16/1/2013 O grupo propietario acordou o peche da planta de Lleida, deixando na rúa a 142 empregados/as
Os traballadores e traballadoras de Tafiber (dedicada á fabricación de taboleiros de madeira) realizaron unha concentración na tarde deste mércores, en apoio aos compañeiros/as afectados/as polo peche da fábrica Tableros Tradema de Solsona.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com