18/9/2009
Os encontros levaranse a cabo en oito comarcas do País e os/as e contarán coa participación duns 2.000 ensinantes
A CIG-Ensino e a Asociación Socio-Pedagóxica Galega, como vén sendo habitual, van desenvolver nesta segunda quincena de setembro as Xornadas de Verán 2009, que terán lugar en oito comarcas de Galiza (A Coruña, Ferrolterra, A Mariña, Lugo, Santiago, Ourense, Pontevedra e Vigo) e nas que participan a redor de 2.000 ensinantes.
12/3/2009
Participaron nunha xornada organizada pola Secretaría da Muller
A Secretaría da Muller desenvolveu este 12 de
marzo a xornada de formación “O traballo en Igualdade”, dentro do marco de
actividades previstas con motivo do Día Internacional da Muller Traballadora. María
do Carme López Santamariña, secretaria da CIG-Muller abriu unha xornada que
contou coa participación de María do Carmo García Negro, Fernando Nebril, de
Homes Galegos pola Igualdade, as técnicas de igualdade e prevención da central,
e o Secretario de Negociación Colectiva, Antolín Alcántara que puxo o remate ao
encontro.