Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
Artigos de opinión
Acordo para o emprego e a negociación colectiva: Recorte salarial e laboral, sen contrapartidas
10/02/2012Antonio Antón
O Acordo para o emprego e a negociación colectiva (AENC), asinado recentemente pola patronal CEOE-Cepyme e as direccións de CCOO e UGT, para o per...
A «via diplomática» da UE
10/02/2012Inês Zuber
Hoje, no Irão, é o pretenso perigo de desenvolvimento de armas nucleares – nunca confirmado pela Agência Internacional de Energia Atómica – ...
O fracaso dos recortes
09/02/2012Vicenç Navarro
Por fin comeza a percibirse que algo non funciona cos recortes. Mesmo os neoliberais comezan a dicir que tales recortes teñen que ir acompañados d...
Como os bancos romperam o contrato social ao promoverem os seus interesses particulares
09/02/2012Michael Hudson
A banca alterou-se de tal forma desde os tempos em que financiava o crescimento industrial e o desenvolvimento económico que agora beneficia sobret...
Estado español: A contrarreforma laboral que prepara o goberno do Partido Popular
08/02/2012Vidal Aragonés
Aínda que a totalidade das medidas [da reforma laboral prevista] son un desenvolvemento do xa iniciado na última etapa do Goberno de Zapatero, sup...
Nova traizón á clase traballadora
07/02/2012Xabier Pérez Igrexas
Termavi
23/12/2009 Os traballadores despedidos non serán readmitidos, malia ser esa a razón pola que se convocou a folga
Alén de reiterar o contido vergoñento do acordo e a infame actitude da UGT, que o asinou con Termavi e a Autoridade Portuaria, a CIG anunciou en rolda de prensa que impugnará  a acta porque non reflite o posicionamento da central neste conflito e que denunciará a Termavi pola vía penal por vulnerar o dereito fundamental á folga. Ademais, dous dos traballadores despedidos, que foron representantes da sección sindical da CIG na empresa e formaron parte da candidatura da central seguirán reclamando a nulidade do despedimento por persecución sindical.
22/12/2009 O documento implica que os traballadores despedidos non serán readmitidos e suporá o remate das accións reivindicativas
A CIG e os membros do Comité desta central rexeitaron o acordo asinado esta mañá por UGT, os representantes de Termavi e a Autoridade Portuaria, que suporá a fin da folga e das medidas reivindicativas levadas a cabo polo persoal da empresa ao longo dos últimos días. O acordo implica que ningún dos despedidos será readmitido, non achega garantes para a suposta recolocación dos afectados e bota por terra a dura loita que realizou o conxunto do persoal estes días.
21/12/2009 O persoal reclama que se restabeleza o subministro eléctrico e se permita levar auga aos compañeiros pechados nos guindastres
Os traballadores de Termavi continuaban esta mañá a folga indefinida iniciada a pasada semana para reclamar a readmisión de nove compañeiros despedidos cunha nova concentración nos edificios da Autoridade Portuaria, xa que é este organismo quen impide aos folguistas achegarse ás instalacións da empresa e aos compañeiros que continúan en folga de fame no alto dos guindastres. Dende a CIG critícase a pasividade das administracións na resolución deste conflito e demándase unha maior implicación tanto da Inspección de Traballo como da Xunta e a Subdelegación do Goberno.
18/12/2009 Continúa bloqueado o porto de Vigo e exténdese a folga a outras empresas do porto como Botamavi
Cuarta xornada de folga en Termavi, nun conflito que está a provocar o desvio de buques para a súa descarga noutros portos e que está a ter unha enorme incidencia. Continúa a ocupación por parte de catro folguistas de dúas cabinas do guindastre que se utiliza para descargar os contedores, polo que está parada a actividade en Guixar. O venres 18 de decembro continuaron as mobilizacións e accións como foi a de ocupar a sede da Inspección de Traballo en Vigo, asi como denunciaron en rolda de prensa o terrorismo patronal que están a vivir e a vulneración das liberdades sindicais que están a permitir tanto as institucións autonómicas como estatais.
17/12/2009 Outros dous despedidos pecháronse na Sala de Xuntas da Autoridade Portuaria
O terceiro dia de folga en Termavi comezou coa nova de que catro dos traballadores despedidos comezaran unha folga de fame subidos a un dos guindastres de Termavi en Guixar, no porto de Vigo, a unha altura de corenta e cinco metros. Ademais desta acción, esta xornada ocupouse a sede da Autoridade Portuaria de Vigo, xunto á Praza da Estrela, onde entraron vinte e cinco persoas ás dez e media da mañá. A mediodia outros dous despedidos pechábanse na Sala da Xuntas da Autoridade Portuaria, atrancando a porta para evitar posíbeis desaloxos.
16/12/2009 A dirección continúa a contratar empresas externas e ETT's para facer o traballo dos folguistas
Segundo dia da xornada de folga indefinida en Termavi con máis mobilizacións e novos bloqueos no porto de Vigo, no peirao de Guixar, onde continúa sen existir a normalidade da que fala a Autoridade Portuaria. Cunha numerosa presenza de empresas externas e empresas de traballo temporal, persoas sen cualificación nin coñecemento do posto de traballo están suplantando ao persoal en folga de Termavi, que anuncia que continuará coas mobilizacións e a folga até conseguir a readmisión dos nove compañeiros despedidos, nun novo caso de represión sindical.
15/12/2009 O mércores haberá unha concentración de delegados/as da FGAMT-CIG para apoiar a estes traballadores en loita contra nove despedimentos e a represión sindical
Ás 00 do 15 de decembro comezaba a folga que con carácter indefinido decidiu convocar o Comité de Empresa de Termavi, no que ten maioria a CIG e onde tamén ten presenza UGT. Desde primeira hora da mañá realizouse un bloqueo na entrada ao peirao de Guixar, polo que a actividade estivo parada até pasadas as nove da mañá. Desde o Comité de Empresa denuncian os servizos mínimos fixados pola Subdelegación do Goberno, que son abusivos, xa que obrigan ao 65% do persoal ir traballar, polo que se recorreron estes servizos mínimos diante da Xustiza.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com