29/12/2009
Advirten que vixiarán o estrito cumprimento do calendario laboral
Dende a Federación de Construción e Madeira da Confederación Intersindical Galega queren informar aos traballadores e traballadoras aos que se lles aplica o Convenio Colectivo Provincial da Construción e que non conten con calendario laboral de empresa propio, que o mércores día 30 de decembro ten unha xornada de 5 horas e que o día 31 de decembro é Festivo de Convenio, polo que non son días laborábeis.
2/2/2008
12.000 horas de exceso de xornada
O venres 1 de febreiro ás nove da mañá tiña lugar a primeira concentración e chamada de atención á Autoridade Portuaria pola situación laboral que vive o seu corpo de policías, con problemas de persoal e sobrecarga de traballo e xornada.