4/1/2012
A CIG seguirá a denunciar o caso até que os responsábeis municipais apliquen a resolución da autoridade laboral
A Inspección de Traballo vén de recoñecer, despois das denuncias da CIG, un caso de acoso laboral a unha traballadora do Consorcio Internacional de Cine, organismo dependente do Concello de Ourense. Dende o sindicato nacionalista advirten que farán un seguimento do caso até que os responsábeis municipais restitúan á afectada en todas as súas funcións e realicen unha avaliación de riscos psicosociais cun protocolo para estes casos.
20/12/2011
No Hotel Hesperia de Ferrol, o venres 23 de decembro, a partir das 10:00 horas
A CIG
realizará, o vindeiro venres 23 de decembro, a presentación de dúas novas
publicacións elaboradas polo Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral. Trátase
da Guía “Risco Químico: Guía Básica de Información e Sensibilización” e o “Estudio
sobre a incidencia da xornada de traballo na seguridade Laboral e nos Riscos
Psicosociais”.
17/11/2011
O Sector de Transportes da central advirte dos riscos que implican estas decisión da Inspección Médica e as Mutuas e enmarca estas actuacións na política de recortes aplicada polos gobernos
A FGAMT-CIG (Federación Galega de Alimentación, Mar, Transportes, Téxtil e Telecomunicacións) vén de denunciar publicamente as neglixentes actuacións detectadas nos últimos tempos nos distintos servizos médicos (especialmente na Inspección Médica e as Mutuas), consistentes en dar a alta laboral a condutores profesionais que están a recibir un tratamento que impide manexar vehículos e maquinaria nas condicións de seguridade adecuadas.
25/10/2011
A Inspección de Traballo trasladou un requirimento a UTE Langosteira e a Grúas Usabiaga polo que paraliza o desmontado do guindastre até que non se garantan as medidas de seguridade
A CIG quere denunciar publicamente o persistente silencio mantido pola Autoridade Portuaria da Coruña quen, a pesar do gravísimo accidente que custou a vida a un traballador de Grúas Usabiaga, once días despois continúa sen convocar a Mesa de Seguridade de Langosteira. Ademais, a Inspección de Traballo ten paralizadas as tarefas de desmontado da grúa na que se produciu o accidente até que non se garantan todas as medidas necesarias para realizar os traballos de xeito seguro.
24/10/2011
Minutos despois de que se producise o levantamento do corpo os seus oito compañeiros/as foron obrigados a regresar aos seus postos
A
federación de Construción da CIG de Vigo denunciou hoxe a falta de
sensibilidade da dirección da empresa Áridos de Ponteareas, do
grupo Crisóstomo, tras o accidente laboral que lle custou a vida a
un traballador de 46 anos. Dende a central nacionalista critican que
os seus oito compañeiros/as foron obrigados a regresar aos seus
postos minutos despois de que se producise o levantamento do corpo.
17/10/2011
O pasado venres un traballador falecía nas obras do Porto Exterior da Coruña mentres participaba nos traballos para desmontar unha grúa
O 100% do cadro de persoal da UTE-Langosteira está secundando o paro de 24 de horas convocado polo Comité nas obras do Porto Exterior da Coruña en rexeitamento ao accidente que o pasado venres lle custou a vida a un traballador de Grúas Usabiaga, afiliado á CIG. Con este paro o persoal tamén quere trasladar a súa solidariedade á familia do afectado e reclamar a revisión e reforzamento das medidas de seguridade nas obras do porto.
14/10/2011
Un operario de Grúas Usabiaga faleceu mentres traballaba nas manobras de desmontaxe dun guindastre en Punta Langosteira
Diante do gravísimo accidente ocorrido esta tarde nas obras do Porto Exterior da Coruña que lle custou á vida a un traballador de Grúas Usabiaga, a CIG esixe á dimisión dos máximos responsábeis da Autoridade Portuaria en materia de seguridade, así como que se depuren as posíbeis responsabilidades penais por este feito.