10/2/2012
Denuncia que o PP “prégase ás demandas da banca e da grande patronal”
A Confederación
Intersindical Galega considera que todas as medidas recollidas na reforma
laboral van dirixidas a flexibilizar e abaratar o despedimento e as condicións
laborais e proporcionar man de obra barata á patronal. A reforma pretende
ademais debilitar a negociación colectiva, dividir aos traballadores e individualizar
as relacións laborais. O secretario
xeral, Suso Seixo, afirma que “vai provocar unha caída xeneralizada
dos salarios, o empobrecemento da clase traballadora, máis desigualdades
sociais e a exclusión social dos máis desfavorecidos”. Ante isto, a CIG considera
que con todas as medidas que se veñen aplicando e agora con esta reforma
laboral, a única resposta posíbel é a folga xeral.
8/2/2012
A Unión Comarcal repite, ao remate do período electoral, como primeira forza sindical ao acadar o 32.6% da representación
A CIG de Ferrol compareceu este mércores en rolda de prensa para informar dos novos actos programados con motivo da campaña “Hai alternativas”, que a central sindical iniciou o pasado ano, e como antesala das mobilizacións previstas para o Día da Clase Obreira Galega e a convocatoria de folga xeral de finais de marzo. Así mesmo, o voceiro comarcal, Xesús A. López Pintos, e o secretario de organización, Xosé Lois Rivera, tamén informaron que a CIG repite como primeira forza sindical en Ferrolterra ao obter o 32.6% da representación sindical.
7/2/2012
A conferencia sindical celebrada este martes en Compostela aprobou por aclamación a mobilización
O
secretario xeral da CIG compareceu en rolda de prensa xunto ao responsábel de Comunicación e Propaganda para anunciar a convocatoria dunha xornada de folga xeral nacional para a última semana
do mes de marzo. A decisión foi adoptada practicamente por aclamación -só houbo sete abstencións- durante a conferencia
sindical que se celebrou en Santiago de Compostela este martes e
na que participaron máis de 350 dirixentes da central nacionalista. A data definitiva será consensuada coas distintas organizacións sindicais que decidan sumarse á mobilización.
25/11/2011
Histórica mobilización da clase obreira organizada do país irmán
A Fundación Moncho Reboiras- Fesga desprazouse até Porto para recoller en vídeo unha das concentracións que a principal central sindical portuguesa (a CGTP-IN) organizou como colofón da “maior xornada de loita dos últimos tempos” que logrou paralizar os principais sectores do país irmán. Os motivos da convocatoria respostaban á loita contra a política de auteridade , o aumento brutal dos custes de vida, a sobre-explotación, o desemprego, a precariedade, as privatizacións e recortes sociais como a supresión da extra do Nadal, medidas brutais que se intensificaron despois do “resgate” da economía portuguesa.
22/11/2011
Os actos serán mañá mércores día 23 de novembro entre as 11.00 e as 12.00 horas
A CIG convoca para mañá mércores 23
de novembro concentracións diante dos consulados de Portugal en Vigo
e Ourense en solidariedade coa folga xeral convocada no país veciño
o vindeiro xoves 24 de novembro. O paro, promovido polas dúas
principais centrais sindicais, a CGTP/IN e a UGT, ten como obxectivo
denunciar as medidas de austeridade que se imporán á clase
traballadora, que terán como consecuencia a recesión económica, o
aumento da explotación e o empobrecemento xeneralizado da poboación.
7/11/2011
En defensa do emprego, dos salarios, dos dereitos e dos servizos públicos
Portugal vivirá, o
vindeiro 24 de novembro unha xornada de folga xeral convocada polas dúas
principais centrais sindicais, a CGTP/IN e a UGT. Denuncian as medidas de
austeridade que se imporán á clase traballadora, que terán como consecuencia a
recesión económica, o aumento da explotación e o empobrecemento xeneralizado da
poboación. Denuncia tamén, que a actual situación é consecuencia dos acordos
acadados polo PS, PSD e CDS coa UE, o FMI e BCE. Medidas agora agravadas polo
goberno do PSD-CDS.
27/9/2011
Segunda xornada de folga xeral no ensino público galego
A CIG-Ensino valora
positivamente o seguimento da xornada de folga que afectou a todos os centros
de ensino público en Galiza e foi secundada mioritariamente polo profesorado.
“Isto evidencia, unha vez máis, o rexeitamento do profesorado como tamén das
nais e pais aos reaxustes que a
consellaría de Educación está levando contra o ensino público”, afirmaba Anxo
Louzao á saída da manifestación da Alameda compostelá.