7/3/2011
O persoal afectado censura a falta de información e a exclusión da CIG das negociacións do plan de prexubilacións
O venres 4 de marzo realizouse diante da Galería de Sargadelos en Lugo unha concentración convocada polos oito despedidos/as na fábrica de Cerámica de Cervo. Coa concentración, que contou co apoio das delegadas da CIG no Comité de empresa, así como de membros das Executivas Local e Comarcal, quérese chamar a atención sobre a situación destes traballadores e traballadoras e reclamar da empresa “unha solución, que pasaría pola negociación e a readmisión”.
29/12/2010
A CIG reclamalle á Xunta que resolva o recurso de alzada contra a autorización do ERE de extinción
Traballadoras e traballadores da Fábrica de Cerámica de Sargadelos de Cervo, acompañados dunha representación da CIG de Lugo-A Mariña, desprazáronse este mércores a Lugo para rexistrar no edificio administrativo da Xunta de Galiza as máis de 5.000 sinaturas recollidas en demanda da readmisión dos oito compañeiros/as despedidos, tras a aprobación dun ERE no mes de setembro.
29/10/2010
Persoal da factoría desenvolveu unha concentración diante das portas do Concello de Cervo en demanda de solucións
A CIG presentou o xoves 28 de outubro, no portelo único do Concello de Cervo, o recurso de alzada contra a resolución da Delegación de Lugo da Consellería de Traballo pola que se aprobou o ERE de extinción de 26 empregos na fábrica de Sargadelos. Coincidindo co rexistro do recurso, desenvolveuse unha concentración diante das portas do Concello en demanda da readmisión das e dos traballadores despedidos e a prol do comezo dunha nova negociación coa dirección de cara a procurar solucións de futuro para a histórica cerámica.
22/10/2010
A central sindical desenvolveu unha concentración diante da fábrica de cerámicas e fixo entrega dun escrito dirixido á xunta de accionistas
A CIG realizou o xoves 21 de outubro, ás 18:00 horas, unha concentración diante da Fábrica de Cerámica de Sargadelos para, aproveitando que se estaba a celebrar unha xunta de accionistas da empresa, facerlles entrega dun escrito no que se demanda a readmisión das compañeiros e compañeiros despedidos e á volta á negociación, a fin de buscar unha solución de futuro para a empresa.
18/10/2010
A Delegación de Traballo autorizou un ERE que afectará a 26 traballadores/as
Arredor dunhas 500 persoas participaron na tarde deste luns na manifestación convocada polo Comité de empresa en contra dos despedimentos na fábrica de Sargadelos en Cervo. A marcha, saíu dende a fábrica de cerámica sobre as 18:00 horas e logo de percorrer as rúas de Cervo, pasando polo Concello, rematou novamente diante das instalacións da empresa.
27/10/2009
Tamén contratou unha empresa externa para atender o servizo de comedor e ten intención de presentar un novo expediente
Os membros do Comité de Sargadelos da CIG veñen de rexeitar a actuación da dirección empresa, quen está a incumprir os acordos saídos da negociación do expediente de regulación temporal polos que a cerámica se comprometía a non realizar ningún despedimento e a retomar o servizo de comedor nas mesmas condicións tras o remate de vixencia do ERE. Non obstante, a dirección de Sargadelos vén de despedir a un traballador, afectado polo expediente, así como de externalizar os servizos de comedor.
28/4/2009
A empresa incumpre o acordado na negociación do ERE
As traballadoras e os traballadores da fábrica
de Sargadelos en Cervo volveron concentrarse á hora do xantar diante do comedor
das instalacións para protestar pola decisión unilateral da empresa de pechar este
servizo. Arredor dunhas 40 persoas participaron na “sentada” para denunciar a
medida adoptada pola empresa que incumpre deste xeito o acordado no expediente
de regulación de emprego.